Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Deseño de proxectos educativos de 0 a 3 anos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A5 A6 A10 A13 A21 A23 A28 A30 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B13 B15 B16 B17 B22 B24 C4 C6 C8 Para avaliar os traballos teranse en conta os seguintes aspectos:

ELABORACIÓN:
- Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
- Contido: Comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre e relacións entre eles.

EXPOSICIÓN:
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva.
40
Proba mixta A3 A6 A13 A28 A30 B1 B2 B3 B9 B10 B11 B14 B17 B22 B24 C6 C4 A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 60
 
Observacións avaliación

Requisitos para superar a materia:

- Asistir e participar regularmente nas actividades da clase (asistencia mínima do 80%).

- Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados e proba mixta).

- Entregar e expoñer o traballo tutelado na data que se indique, que será previa á do exame oficial. Para presentarse ao exame é condición indispensable ter entregado e exposto o traballo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes