Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Intervención psicolóxica e prevención das dificultades de aprendizaxe
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 A48 A avaliación final será unha proba mixta que combine preguntas de resposta curta, preguntas abertas, e de múltiples opcións. Tamén pode exporse unha situación de aula para que sexa analizada, segundo expúxose na clase. 40
Proba práctica A1 A2 A3 A4 A7 A9 A45 A46 O finalizar cada tema, realizarase unha avaliación parcial a través do Campus Virtual da UDC. Terá unha parte teórica e unha parte de aplicación practica
20
Traballos tutelados A63 A55 A54 A50 A47 A44 A42 A34 A33 A29 A26 A24 A23 A12 A11 A8 A6 A5 A4 A2 A1 A64 B25 B24 B22 B20 B19 B18 B17 B16 B15 B14 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B2 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 En grupos (mínimo 3 e máximo 5) deberán elaborar materiais de instrución para previr as dificultades na aprendizaxe (segundo os diferentes temas). Estes traballos serán orientados pola profesora nas súas diferentes fases. Non se admitirán traballos individuais. 40
 
Observacións avaliación

A avaliación realizarase segundo os seguintes criterios:

a-) As clases expositivas NON serán de asistencia
obrigatoria.

Quen decida asistir, será porque realmente interésalle a
materia e moveralle o compromiso coas clases e coas súas compañeiras e
compañeiros.

Non asistir non penaliza, pero non exime de coñecer os
contidos, xa que serán a base das actividades que se realizan nas clases
interactivas e serán avaliados de maneira continua cun exame despois de cada
tema, a través do Campus virtual da UDC. Estas avaliacións teñen un valor do 20% da nota. A nota dos parciais (20%) resultará dos parciais presentados sobre o total de parciais realizados na materia.

A decisión de asistir ás clases expositivas implica
compromiso e débese definir na primeira semana de clase.

b-) As clases interactivas serán obrigatorias para as
persoas matriculadas  e será importante a
participación nas actividades  propostas
nas clases e especialmente a actitude (ante a
materia e ante os compañeiros e compañeiras).

c-) Avaliación grupal, terase en conta a participación do
alumnado nas actividades e traballos de aplicación propostos en clase (grupos
de mínimo 3 e máximo 5 persoas).

Cada tema da materia terá como complemento, a elaboración dun ou varios traballos específicos que se explicarás no seu momento.  Esta parte terá o 40% da nota.

Cada subgrupo presentará os traballos en tempo e forma ante
o grupo interactivo correspondente.

d-) Avaliación individual (Proba oficial fixada polo centro)
mediante unha proba escrita (exame tipo test e resposta curta) que se realizará
ao finalizar o cuadrimestre e que terá unha parte teórica e unha parte práctica
sobre o tratado nas clases (40% da nota).

Presentarse ás avaliacións parciais (de cada tema) non
exime, a ninguén, de ter que presentarse á proba oficial, xa que son
porcentaxes diferentes para a nota final.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:

-O alumnado que non poida “asistir” ás clases interactivas
(previa autorización da comisión pertinente) é dicir, que teñen dispensa de
asistencia total ou parcial, terá os mesmos dereitos e deberes que as persoas
asistentes....Os exames parciais (exame despois de cada tema 20% da nota) e a
proba mixta (proba oficial) que será a mesma para todo o alumnado e valeralles
o 40% da nota. Ademais, terán que realizar os traballos solicitados en clase
que será o outro 40% da nota, e que deberán entregarse en tempo e forma co
resto do alumnado de clase.

NOTA:  

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes