Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Didáctica da expresión musical
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Realización colectiva dunha proposta didáctica que constará de dous partes:
1. Fundamentación teórica do tema e dos recursos que se empregarán na proposta e que será obtida a través da revisión de documentos, bases de datos, páxinas web ou medios audiovisuais.
2. Deseño dunha actividade didáctica na que sexan indicados os obxectivos, contidos e criterios de avaliación.
Esta actividade será escenificada e gravada en vídeo polos compoñentes de cada grupo e basearase no movemento corporal asociado á música, contando, entre outros, cos seguintes recursos:
• Interpretación ou creación de coreografías.
• Dramatización musical
• Creación de xogos musicais.
• Emprego de playback, medios audiovisuais, musicogramas dinámicos, etc.

Proba mixta Esta proba realizarase en dúas fases: a primeira (escrita) consistirá na formulación de preguntas e exercicios prácticos relacionados có temario oficial. A segunda (oral) consistirá na execución dunha ou varias cancións (a elección do profesor), dentre as obrigatorias do curso. As cancións leeránse e mediranse (solfeo), cantaranse a capella e interpretaranse coa frauta doce.
Obradoiro
Actividades individuais e colectivas que abarcarán os seguintes aspectos na súa dimensión práctica e didáctica:
1. Interpretación vocal.
2. Interpretación instrumental.
3. Práctica auditiva.
4. Aplicación das novas tecnoloxías á práctica e á educación musical.
Actividades iniciais Valoración dos coñecementos previos do alumnado.
Prácticas a través de TIC Transcrición dos exercicios teóricos, prácticos e compositivos aos formatos dixitais adecuados, segundo a súa natureza (abertos ou pechados).
Estes arquivos serán compartidos e entregados para a súa avaliación mediante as plataformas informáticas que se establezan.
Sesión maxistral Presentación e desenvolvemento na aula dos conceptos fundamentais dos contidos propostos.
Explicación do contido temático por parte do profesorado ou de profesionais especialistas convidados/ás.
Cando o profesorado responsable da materia organice concertos, conferencias, seminarios, congresos ou charlas sobre temáticas relacionadas coa materia, serán consideradas tamén dentro deste apartado, e por tanto de obrigada asistencia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes