Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Didáctica da expresión musical
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Realización colectiva dun traballo tutelado que constará de dúas partes:
1. Elaboración dun portafolio que conterá o diseño de tres actividades didácticas baseadas nos obxetivos e no contido propio da materia, sendo a terceira destas unha proposta didáctica consistente na realización dunha coreografía que, como as outras actividades, deberá contar cunha xustificación, así como coa formulación dos obxetivos e a especificación dos contidos que a sustentan.
2. Unha vez creada a coreografía, será escenificada e gravada en vídeo polos membros de cada grupo, podendo contar, entre outros, cos seguientes recursos complementarios.
- Percusión corporal.
- Dramatización musical.
- Creación de xogos musicais.
- Uso de reprodución, medios audiovisuales, musicogramas dinámicos, etc.
- Empleo de escenografía e traxes.
Proba mixta Esta proba realizarase en dúas fases: a primeira (escrita) consistirá na formulación de preguntas e exercicios prácticos relacionados có temario oficial. A segunda (oral) consistirá na execución dunha ou varias cancións (a elección do profesor), dentre as obrigatorias do curso. As cancións leeránse e mediranse (solfeo), cantaranse a capella e interpretaranse coa frauta doce.
Obradoiro Actividades individuais e colectivas que abarcarán os seguintes aspectos na súa dimensión práctica e didáctica:
1. Interpretación vocal.
2. Interpretación instrumentalmediante frauta doce e/ou melódica.
3. Práctica auditiva.
4. Aplicación das novas tecnoloxías á práctica e á educación musical.
Actividades iniciais Valoración dos coñecementos previos do alumnado.
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canal para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Sesión maxistral Presentación e desenvolvemento na aula dos conceptos fundamentais dos contidos propostos.
Explicación do contido temático por parte do profesorado ou de profesionais especialistas convidados/ás.
Cando o profesorado responsable da materia organice concertos, conferencias, seminarios, congresos ou charlas sobre temáticas relacionadas coa materia, serán consideradas tamén dentro deste apartado, e por tanto de obrigada asistencia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes