Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Didáctica da expresión musical
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A53 A54 A55 A56 A57 Realizarase unha ou varias probas escritas que integrarán diferentes xeito de comprobar se a aprendizaxe foi significativa. Para elo empregaranse diferentes tipos de probas:
1.1. Probas de resposta breve.
1.2. Preguntas tipo test.
1.3. Preguntas abertas.
1.4. Exercicios prácticos.


20
Traballos tutelados A53 A54 A55 A56 A57 B22 C8 C3 No proceso de avaliación observaranse as seguintes normas:
• No caso de que algúns grupos conten con poucos membros, poderían unirse sen exceder o número de sete integrantes.
• O traballo escrito terá unha extensión entre sete e dez caras.
• Cada presentación escénica terá unha duración entre catro e seis minutos.
• Tanto o traballo escrito como o vídeo, serán entregados a través da plataforma informática que se indique.
Os criterios de avaliación contemplarán os seguintes aspectos:
• Orixinalidade.
• Creatividade.
• Utilidade práctica e viabilidade.
• Adecuación ao currículo de Educación Infantil.
• Coherencia cos obxectivos e os contidos expostos.
30
Obradoiro A53 A54 Ao tratarse dunha práctica en grupo, na súa avaliación terase en consideración a capacidade de traballo en equipo e de comunicación das propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio, así como a disposición de integrarse nun proxecto destinado á obtención de resultados.
É imprescindible asistir a un mínimo de 8 prácticas correctamente realizadas para obter a cualificación de aprobado (5 puntos).
A partir das 8 prácticas obrigatorias sumarase 1.25 puntos por cada asistencia, podendo chegar á máxima cualificación asistindo a 12 sesións.
En casos excepcionais, poderá recuperarse algunha clase tras un previo consenso co profesorado.
10
Proba mixta A53 A54 A55 A57
Realizaranse as seguintes probas prácticas:
1. Ditado musical (30 %)
2. Expresión vocal (35 %)
3. Expresión instrumental (35 %)
20
Prácticas a través de TIC B1 B25 Os exercicios teóricos, prácticos e de creación musical entregaranse nos formatos dixitais correspondentes a cada caso. Valorarase o emprego correcto das ferramentas básicas de cada aplicación, o que se verificará a partir do acabado final dos traballos. Os traballos poderían abarcar, entre outras, as seguintes modalidades:
1. Manexo de editores de partituras.
2. Manexo de editores de audio.
3. Deseño de exercicios de percusión corporal.
4. Realización de exercicios teórico-prácticos de linguaxe musical
5. Exercicios auditivos a partir de aplicacións pechadas ou titoriais.
20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a asignatura é necesario obter un 5  en cada un dos
apartados  anteriores. No caso contrario non se fai media.

Na parte de Obradoiro, como se trata dunha interpretación instrumental grupal, o estudante que non poida realizar as 10 prácticas mínimas obrigatorias (por ser alumnado con dedicación a tempo parcial ou dispensa académica) deberá vir á proba acompañado como mínimo de catro persoas. No caso de non ser posible isto, o discente examinaráse cun acompañamento instrumental das pezas en formato dixital realizado por él. En todos os epígrafes a porcentaxe da avaliación será a mesma que a do alumnado asistente, que é a que figura en cada un dos apartados das probas, tanto na primeira como na segunda oportunidade.

Como consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exámes como nos
traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación, así
como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número de tachaduras, etc. Todo elo suporá redución de puntos sobre a nota
obtida.

Para non interferir no desenvolvemento do resto das materias, evitarase tocar instrumentos musicais nos pasillos e noutras áreas
comúns da Facultade, polo que o alumnado deberá solicitar ao profesorado a reserva da aula de usos múltiples (cando sexa posible e esté libre) có fin de realizar os ensaios de frauta  e da
coreografía nese espazo.

En caso de que a/o profesor detecte plaxio nalgún traballo, suporá un 0 na cualificación. En caso de reiteración,
daráse traslado á Comisión Académica para a toma de medidas oportunas.

Farase especial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha
educación e sociedade sostible. Para elo, sempre que sexa posible na
elaboración dos traballos empregarase material de reciclaxe e evitarase o emprego de materiais de plástico na entrega dos mesmos. Os traballos serán enviados exclusivamente telemáticamente, e de
non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos,
elixirase a impresión a dobre cara, e papel reciclado, evitando imprimir borradores.
Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes