Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Subjects
  Teaching on the Social and Cultural Environment
   Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Os bloques temáticos iniciaranse con exposicións de ideas que permitan aproximarse aos coñecementos previos do alumnado e á súa motivación e interese polo tema para acadar os obxectivos en cada un e no conxunto da materia.
Document analysis Ao longo do curso, o alumnado terá ocasión de coñecer e manexar diversas fontes de información e documentación: orais, escritas, gráficas, iconográficas, epigráficas... así como artigos en revistas, libros, audiovisuais, páxinas web, etcétera.
O traballo coas fontes servirá para a adquisición de coñecementos sobre das mesmas e para o seu recoñecemento e utilización como recursos didácticos.
Directed discussion Levarase a cabo durante todo o curso, con especial incidencia naqueles temas que requiran unha maior participación na discusión, para traballar a capacidade de expresión oral, diálogo e argumentación principalmente.
Events academic / information Asistencia e participación a un evento formativo que poderá ser en calquera modalidade de interese: conferencia, proxección, representación, exposición, etcétera. As alumnas e alumnos realizarán unha reflexión acerca da actividade.
Oral presentation Os traballos de propostas de accións didácticas que se desenvolvan, serán obxecto de exposicións na aula por parte de todos os membros de cada pequeno grupo diante do grupo completo.
Estas exposicións serán realizadas tanto ao presentar os traballos finalizados como durante a elaboración dos mesmos, algúns deles "in situ" en relación coas saídas de campo.
Promoverase o intercambio de ideas, análise do exposto e suxestións para conseguir o debate construtivo acerca das propostas ou traballos presentados por cada pequeno grupo.
Field trip Constitúen unha parte moi importante no desenvolvemento da materia e serán saídas programadas a contextos educativos e a contextos do contorno inmediato.
Realizaranse diferentes tipos de saídas a fin de que o alumnado teña un coñecemento dobre: os tipos de saídas e o propio medio ou contorno inmediato.
O alumnado desenvolverá capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a experimentación, a recollida de información e a realización de propostas didácticas.
Preténdese a inmersión no medio para a súa comprensión integral.
Seminar Realización de proxectos ou propostas de acción didáctica, formulado dende o prisma dos seminarios e a súa técnica de discusión, participación, elaboración de documentos e conclusións. Organización en pequenos grupos para traballar conxuntamente en propostas didácticas relacionadas, principalmente, coas saídas de campo e con temas que xurdan da dinámica da propia materia e do grupo e temas propostos pola profesora.
Os traballos en pequenos grupos serán presentados e debatidos no gran grupo conxuntamente.
Collaborative learning Traballo connxunto en pequenos grupos.
Workbook Realizaranse lecturas críticas de artigos de revistas, capítulos de libros ou calquera outro tipo de texto. Traballarase a comprensión, a capacidade de síntese e a valoración crítica, principalmente.
Guest lecture / keynote speech As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estrutura de cada tema. Realizaranse co apoio de documentación específica e medios audiovisuais e estará directamente relacionada coas metodoloxías utilizadas na docencia interactiva.
Mixed objective/subjective test Ao longo do curso iranse realizando diferentes probas e actividades para avaliación continua, en relación cos contidos traballados e coas actividades recollidas nas metodoloxías.
Realizarase unha proba escrita na primeira oportunidade de avaliación que versará tanto sobre aspectos teóricos tratados na docencia expositiva como nos prácticos das sesións interactivas. Teranse en conta aspectos tales como coñecemento dos conceptos fundamentais da materia, corrección e claridade na expresión, capacidade de síntese, capacidade de relación e creatividade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes