Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Medio social e cultural e a súa didáctica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Os bloques temáticos iniciaranse con exposicións de ideas que permitan aproximarse aos coñecementos previos do alumnado e á súa motivación e interese polo tema para acadar os obxectivos en cada un e no conxunto da materia.
Análise de fontes documentais Ao longo do curso, o alumnado terá ocasión de coñecer e manexar diversas fontes de información e documentación: orais, escritas, gráficas, iconográficas, epigráficas... así como artigos en revistas, libros, audiovisuais, páxinas web, etcétera.
O traballo coas fontes servirá para a adquisición de coñecementos sobre das mesmas e para o seu recoñecemento e utilización como recursos didácticos.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia e participación a un evento formativo que poderá ser en calquera modalidade de interese: conferencia, proxección, representación, exposición, etcétera e sen descartar o formato on-line dado o contexto sanitaria provocado pola COVID-19. As alumnas e alumnos realizarán unha reflexión acerca da actividade.
Presentación oral Os traballos de propostas de accións didácticas que se desenvolvan, serán obxecto de exposicións na aula por parte de todos os membros de cada pequeno grupo diante do grupo completo.
Estas exposicións serán realizadas tanto ao presentar os traballos finalizados como durante a elaboración dos mesmos, algúns deles "in situ" en relación coas saídas de campo.
Promoverase o intercambio de ideas, análise do exposto e suxestións para conseguir o debate construtivo acerca das propostas ou traballos presentados por cada pequeno grupo.
Saídas de campo Constitúen unha parte moi importante no desenvolvemento da materia e serán saídas programadas a contextos educativos e a contextos do contorno inmediato.
Realizaranse diferentes tipos de saídas a fin de que o alumnado teña un coñecemento dobre: os tipos de saídas e o propio medio ou contorno inmediato.
O alumnado desenvolverá capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a experimentación, a recollida de información e a realización de propostas didácticas.
Preténdese a inmersión no medio para a súa comprensión integral.
Seminario Realización de proxectos ou propostas de acción didáctica, formulado dende o prisma dos seminarios e a súa técnica de discusión, participación, elaboración de documentos e conclusións. Organización en pequenos grupos para traballar conxuntamente en propostas didácticas relacionadas, principalmente, coas saídas de campo e con temas que xurdan da dinámica da propia materia e do grupo e temas propostos pola profesora.
Os traballos en pequenos grupos serán presentados e debatidos no gran grupo conxuntamente.
Aprendizaxe colaborativa Traballo conxunto en pequenos grupos.
Sesión maxistral As explicacións teóricas referiranse aos contidos básicos que forman a estrutura de cada tema. Realizaranse co apoio de documentación específica e medios audiovisuais e estará directamente relacionada coas metodoloxías utilizadas na docencia interactiva. Dado o contexto sanitario xerado pola COVID-19, e o elevado número de alumnado matriculado nesta materia, as aulas maxistrais serán en formato on-line (preferentemente en diferido, é dicir, gravadas; indicándose a través de Moodle a ligazón de acceso, semanalmente).
Proba obxectiva Ao finalizar o curso realizarase unha proba obxectiva para avaliar os coñecementos do estudantado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes