Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Medio social e cultural e a súa didáctica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A33 A36 A39 A62 B1 B3 B4 B7 B8 B12 B18 C6 C8 Os proxectos que se realicen serán avaliados, principalmente, segundo criterios de planificación, corrección nos contidos, idoneidade para o nivel ou ciclo que se deseñen e creatividade nas propostas didácticas. 25
Proba mixta A26 A37 A39 B9 B10 B20 C1 1. Ao longo do curso iranse realizando diferentes probas e actividades para avaliación continua, en relación cos contidos traballados e coas actividades recollidas nas metodoloxías (presentación oral, saídas, recensión, eventos, etc.). Estas probas puntuarán ate 25.
2. Realizarase unha proba escrita na primeira oportunidade de avaliación que versará tanto sobre aspectos teóricos tratados na docencia expositiva como nos prácticos das sesións interactivas. Teranse en conta aspectos tales como coñecemento dos contidos fundamentais da materia, corrección e claridade na expresión, capacidade de síntese, capacidade de relación e creatividade. Esta proba puntuará ate 50.
75
 
Observacións avaliación

Na avaliación terase en conta a asistencia a clase nas sesións
expositivas e a participación activa e resultados de aprendizaxe das metodoloxías traballadas nas sesións de docencia interactiva, que
serán de obrigada asistencia.  O alumnado que non chegue a unha asistencia do 80% das clases presenciais, será avaliado pola proba escrita que pasará a ter un valor do 75%  e un traballo individual co 25% que para ser avaliado será de obrigatoria asistencia a titorías para facer o seguimento do mesmo; ambas as dúas metodoloxías deberán ser superadas para superar a materia.

Valoraranse os coñecementos adquiridos, a
comprensión e capacidade de síntese, a claridade expositiva oral e escrita e a
participación e cumprimento nas tarefas que se encomenden tanto individuais
como en grupo. Na planificación das metodoloxías desta Guía Docente non se indica a avaliación das que se
inclúen na Proba Mixta 1. (presentación oral, etc.) por constituír un proceso de avaliación contínua e global.

-Na primeira
oportunidade de avaliación
terán carácter de NON PRESENTADO
aquelas/es alumna/os que non concorran á proba mixta 2. (proba escrita), e non
realizaran as actividades e tarefas encomendadas ao longo do curso que se
inclúan nas metodoloxías relacionadas. Por tanto, para ter NON PRESENTADO non
poden ter feito actividade ningunha da materia.

-Terán carácter de SUSPENSO aqueles/as alumnos/as que non superen a proba mixta 2. (proba escrita) ou que non se presenten a esta, e tiveran realizado previamente calquera das
outras actividades e tarefas encomendadas ao longo do curso que se inclúan nas metodoloxías (punto 1. proba mixta e seminario). De superaren as avaliacións destas actividades, conservaráselles a cualificación ate a segunda
oportunidade de avaliación.

-Os/as alumnos/as que concorrendo a unha segunda oportunidade de avaliación
non tiveran realizado as actividades de avaliación propia e as de avaliación
continua, terán realizar esta proba única na que terán que facer fronte a
preguntas relativas a aquelas, debendo obter nestas preguntas unha
cualificación mínima de 5.0.

-Para superar a materia os/as alumnos/as deberán superar a suma do seminario máis a proba mixta 1. por unha parte (=50 puntos), e por outra a proba mixta 2. (=50 puntos)

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes