Seminario |
A33 A36 A39 A62 B1 B3 B4 B7 B8 B12 B18 C6 C8 |
Os proxectos que se realicen serán avaliados, principalmente, segundo criterios de planificación, corrección nos contidos, idoneidade para o nivel ou ciclo que se deseñen e creatividade nas propostas didácticas. |
30 |
Proba mixta |
A26 A37 A39 B9 B10 B20 C1 |
1. Ao longo do curso iranse realizando diferentes probas e actividades para avaliación continua, en relación cos contidos traballados e con actividades recollidas nas metodoloxías (presentación oral, saídas, recensión, eventos, etc.). Estas probas puntuarán ate 20.
2. Realizarase unha proba escrita na primeira oportunidade de avaliación que versará tanto sobre aspectos teóricos tratados na docencia expositiva como nos prácticos das sesións interactivas. Teranse en conta aspectos tales como coñecemento dos contidos fundamentais da materia, corrección e claridade na expresión, capacidade de síntese, capacidade de relación e creatividade. Esta proba puntuará ate 50. |
70 |