Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Medio social e cultural e a súa didáctica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A33 A36 A39 A62 B1 B3 B4 B7 B8 B9 B12 B18 C6 C8 Os traballos de seminario na aula serán grupais. Serán avaliados, principalmente, segundo criterios de planificación, corrección nos contidos, idoneidade para o nivel ou ciclo que se deseñen e creatividade nas propostas didácticas. Así mesmo, procederase a traballar a partir de conferencias e/ou eventos científicos (seguidos presencialmente ou en formato on-line). 40
Análise de fontes documentais A24 B11 Ao longo do cuadrimestre traballaranse diversas fontes documentais, que serán analizadas polo estudantado e avaliadas. 20
Proba obxectiva A26 A37 B10 B17 C1 Ao finalizar o curso realizarase unha proba obxectiva para avaliar os coñecementos do estudantado traballados durante o cuadrimestre. 40
 
Observacións avaliación

Na avaliación terase en conta a asistencia e a participación activa na aula (sempre e cando o permita o contexto sanitario existente).

O alumnado que se acolla a tempo parcial/dispensa académica, terá que
realizar un traballo de curso individual e a proba obxectiva,
cualificadas estas tarefas cun 40% e cun 60%, respectivamente. Para acollerse a esta
modalidade é condición necesaria asistir a titorías (mínimo de dúas
titorías) para
facer un seguimento directo do proceso de elaboración do traballo de curso e
dialogar sobre o tema escollido para o devandito traballo.

Na realización do devandito traballo (así como de calquera outro), o plaxio e a
utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da
internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o
permiso do seu autor/a, poderá ser considerada esta causa de
cualificación suspenso na devandita actividade. Todo iso sen prexuízo
das responsabilidades
disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente
procedemento.

Así mesmo, recoméndase ter presente unha
perspectiva de xénero na redacción do documento, non sendo aceptables
faltas ortográficas. Igualmente, evitarase a entrega do traballo en
formato papel, en favor do ecosistema, optándose polo formato dixital.

*No
caso de que as condicións sanitarias impidan a presencialidade á hora de
realizar as probas, estas realizaranse de maneira telamática (vía
Teams, Forms e/ou Moodle).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes