Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Medio social e cultural e a súa didáctica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A33 A36 A39 A62 B1 B3 B4 B7 B8 B9 B12 B18 C6 C8 Os traballos de seminario na aula serán grupais. Serán avaliados, principalmente, segundo criterios de planificación, corrección nos contidos, idoneidade para o nivel ou ciclo que se deseñen e creatividade nas propostas didácticas. Así mesmo, procederase a traballar a partir de conferencias e/ou eventos científicos (seguidos presencialmente ou en formato on-line). 40
Análise de fontes documentais A24 B11 Ao longo do cuadrimestre traballaranse diversas fontes documentais, que serán analizadas polo estudantado e avaliadas. 20
Proba obxectiva A26 A37 B10 B17 C1 Ao finalizar o curso realizarase unha proba obxectiva para avaliar os coñecementos do estudantado traballados durante o cuadrimestre. 40
 
Observacións avaliación

Na avaliación terase en conta a asistencia e a participación activa na aula, tanto nas sesiones expositivas como interactivas.

Para superar a materia os/as alumnos/as deberán superar cada unha das dúas partes: proba obxectiva e a suma das demáis partes, sendo necesario asistir ao 80% das clases.

Terán carácter de NON PRESENTADO aqueles/as alumno/as que non concorran á proba obxectiva ou a calquera apartado da avaliación.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia terá que realizar un traballo de curso individual e a proba obxectiva, cualificadas estas tarefas cun 40% e cun 60%, respectivamente. Para aprobar as dúas tarefas deben ser superadas. Para acollerse a esta modalidade é condición necesaria asistir a titorías (mínimo de dúas titorías) para facer un seguimento directo do proceso de elaboración do traballo de curso e dialogar sobre o tema escollido para o devandito traballo.

Na realización dos traballos o plaxio e a utilización de material non orixinal,incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada esta causa de cualificación suspenso na devandita actividade. Todo iso sen prexuízodas responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras ocorrespondente procedemento.

Asímesmo, recoméndase ter presente unha perspectiva de xénero na redacción do documento, non sendo aceptables faltas ortográficas. Igualmente, evitarase aentrega do traballo en formato papel, en favor do ecosistema, optándose poloformato dixital.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes