Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Didáctica da lingua estranxeira
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A42 A44 A46 A47 B10 B12 B17 B21 C2 Proba que integra preguntas tipo. probas de ensaio e probas obxectivas.
40
Presentación oral A43 A44 A45 A49 A60 B15 B17 B21 C2 Exposición oral de traballos en grupo. 10
Análise de fontes documentais A28 A42 B20 B11 C3 C8 Conxunto de procedimentos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con TIC baseados na organización da clase en grupos pequenos nos que os alumnos e as alumnas traballan na resolución de tarefas orientadas a optimizar o seu propio aprendizaxe.
10
Portafolios do alumno A48 B11 B12 B15 B20 B21 C2 C7 C8 Inclúe os materiais producto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado. 5
Investigación (Proxecto de investigación) A28 A43 A44 A51 A52 A54 B7 B10 B11 B12 B17 B18 B21 C2 C3 Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao alumnado identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado. 25
Lecturas A28 A42 A51 A52 B10 B11 B21 C3 C8 Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados. 10
 
Observacións avaliación

Modo de avaliación para o alumnado que asiste regularmente

A avaliación realizarase de acordo cos seguintes criterios e
instrumentos: 

Criterios de avaliación:

- Verificación do cumprimento dos obxectivos marcados.

- Asimilación dos contidos teóricos e prácticos.

- Valoración dos traballos realizados durante o curso tanto
colaboradores coma individuais.

Instrumentos de avaliación:

- I.1 Uso da Lingua Inglesa: 1 punto

- I.2 Didáctica da LE: 3 puntos

- I.3 Comprensión e expresión escrita (lecturas e análise de fontes): 2 puntos

- I.4 Traballo grupal ou individual: 2,5 puntos

- I.5 Presentación Oral: 1 punto

- I.6 Portafolios (Opcional) 0.5 puntos

A avaliación dos items I.1, I.2 realizarase na data
programada no calendario académico oficial e é de carácter individual.

A avaliación dos items I.3, I.4 e I.5 realizarase na data
programada no cronograma ao comezo do curso e pódese facer individualmente ou
en grupo (non máis de catro estudantes).

A avaliación do item I.6 é opcional. 

Os items 1, 2, 3, 4 e 5 son de obrigado cumprimento para
aprobar a materia. A nota final será o resultado da suma exacta das cualificacións obtidas.

A obtención dun suspenso
implica a repetición de todas as probas na súa totalidade na seguinte
convocatoria.

A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.

Modo de avaliación para o alumnado que non asiste
regularmente

1. Alumnado con dispensa académica:

* Aquel que en aplicación da: "Norma que regula o
réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na Universidade da
Coruña" (aprobada en Consello de Goberno de 29 de maio de 2012), se lle
recoñecera a condición de estudante a tempo parcial e solicitara ao Decano/a a
correspondente dispensa académica quedando eximido/a da obligatoriedade de
asistencia.

2.  Alumnado de
continuación de estudos (repetidores).

3. Alumnado que non cumpra o 80% de asistencia a clase.

Criterios de avaliación:

- Verificación do cumprimento dos obxectivos marcados.

- Asimilación dos contidos teóricos e prácticos.

- Valoración dos traballos realizados durante o curso.

Instrumentos de avaliación:

A. Proba individual

- I.1 Uso da Lingua Inglesa: 1 punto

- I.2 Didáctica da LE: 3 puntos

B. Traballo, tarefas e presentación oral

- I.3 Comprensión e expresión escrita (lecturas e análise de fontes): 2 puntos

- I.4. Traballo individual. 2,5 puntos.

- I.5. Presentación oral. 1 punto.

- L.6. Portafolio (Opcional): 0,5 

A avaliación do apartado A (I.1, I.2) realizarase na data programada no calendario académico oficial e é de carácter
individual. A avaliación do apartado B (I.3, I.4, I.5 e L6) realizarase na data acordada coa profesora e tamén é de carácter individual.

Os items 1, 2, 3, 4 e 5 son de obrigado cumprimento para aprobar a materia. A nota final será o resultado da suma exacta das cualificacións obtidas.

A obtención dun suspenso implica a repetición de todas as probas na súa totalidade na seguinte convocatoria.

A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes