Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Subjects
  Teaching Plastic Arts
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Research (Research project) A53 A56 Entregaranse os proxectos artísticos en prazo e forma determinado polo equipo docente.
90
Workbook A53 A55 A56 A57 A58 B1 B22 B25 C3 C7 C8 Valórase a participación activa e debate dos argumentos durante toda a materia. 10
 
Assessment comments

Sen dúbida, existen infinidade de formas e maneiras de avaliar, tantas como metodoloxías de ensino-aprendizaxe. Nesta guía docente plantexouse a educación como un proceso artístico, polo que a avaliación que aquí se plantexa, coherentemente, mana desde esta perspectiva. Deste xeito, tal e como plantexa Eisner (1995: 188), "a avaliación é unha ferramenta educativa mediante a cal pode exercerse a intelixencia profesional en beneficio dos estudantes". Isto ven a demostrar que avaliar é cuestión de dous implicados: estudantes e o profesor, polo que os criterios deben ser reflexionados e acordados en grupo. Ademáis, en ocasións se lles pedirá ao alumnado que elaboren autoavaliacións, mediante reflexións persoais e críticas dos procesos que experimentaron empregando a bibliografía facilitada polo profesor.

Como se pode intuir, esta materia implica un compromiso forte do estudante co seu propio proceso de aprendizaxe artístico. Deste xeito a asistencia a clase resulta necesaria, non como unha obriga -que tamén o é no espazo europeo de educación superior-, dado que os procesos viviranse na propia aula e o transcurso da materia írase construindo entre todos. A asistencia non é un formalismo, senón que se exise a participación activa e Crítica do alumno dentro da aula.Tendo en conta esto, como criterios de calificación, haberá que aprobar todos os proxectos por separado para superar a materia. Na calificación final, a parte da nota media obtida nos tres proxectos, de maneira cualitativa terase MOI EN CONTA o grado de implicación do alumnado, de experimentación, de autoexisencia, de satisfacción persoal así como a capacidade de síntese e reflexiva do estudante ao longo do curso. Cando un proxecto sexa calificado cun 4.5, o alumno/a poderá superar a materia se os outros proxectos están aprobados, pero a nota máxima será de 6, independemtemente das calificacións dos proxectos superados.Os proxectos entréganse na data, lugar e hora do calendario oficial de exames.

O alumnado NON presencial terá dereito a un exame teórico-práctico (NON realizará ningún proxecto), que versará sobre a bibliografía dos contidos. Para resolver esa proba o alumno/a conta coa bibliografía existente nesta guía docente e o profesor facilitará unha selección da mesma que será obxecto do exame. A proba será valorada de 0 a 10.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes