Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Practicum I
   Contidos
Temas Subtemas
A organización das institucións educativas - Os órganos de goberno do centro e os órganos de coordinación das actividades que nel se desenvolven
- O réxime de funcionamento do centro: proxectos, programas, plans, horarios etc.
- A cultura do centro escolar
O coñecemento do currículo da educación infantil e a súa concreción de acordo coas características dos contextos e das culturas dos destinatarios - Os niveis de concreción, o seu grao de coherencia e contextualización: Decreto de currículo, programación de ciclo e programación de aula
- O currículo como proxecto formativo, integrado e emancipador: as unidades didácticas, os centros de interese, os proxectos de aprendizaxe etc.
A xestión da aula na educación infantil como marco de referencia para un desenvolvemento integral que se constitúa como base da aprendizaxe ao longo da vida - Principios de procedemento didácticos para a organización da vida na aula
- Culturas escolares e procesos de comunicación emerxentes nas aulas
- Usos críticos dos recursos e materiais curriculares na educación infantil
- A titoría (individual/grupal) como elemento dinamizador e de conexión entre os centros e as familias
- A avaliación de aprendizaxes como avaliación educativa e auténtica
A reflexión sobre a práctica observada como ferramenta para a innovación e a mellora - O interese pola avaliación do currículo deseñado e desenvolvido
- Técnicas e estratexias de recollida de información para a reflexión sobre a práctica tomando como referencia os discursos dos mestres e dos alumnos
- A elaboración de informes científicos portadores de liñas de mellora contextualizadas
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes