Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Subjects
  Practicum I
   Personalized attention
Methodologies
Seminar
Field trip
Student portfolio
Description
- O/a titor/a da Institución supervisará e orientará o traballo de observación e recollida de información do alumnado durante a súa permanencia no centro.

- O/a titor/a da Facultade realizará un primeiro contacto obrigatorio, previo á incorporación do alumnado ao centro. Este contacto servirá para constatar a recepción da documentación, comunicar a incorporación do alumnado e ultimar os trámites e acordos que foren necesarios.

-O/a titor/a da Facultade realizará os contactos que estime oportunos e necesarios co titor/a do centro durante o período do Practicum para o mellor desenvolvemento do mesmo.

-Na medida do posible un dos contactos co centro terá forma de visita.

-Alén dos seminarios de seguimento do Practicum, o profesorado titor da Facultade estará dispoñible no horario de titorías.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes