Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Practicum I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario B14 B22 C1 C7 O/a titor/a da Facultade avaliará a participación do alumnado nos seminarios cos seguintes criterios:
- Asistencia a todas as sesións presenciais
- Calidade das achegas á hora de expresar dúbidas razoables, expoñer ideas enriquecedoras e compartir experiencias de interese etc.
10
Saídas de campo A5 A19 A20 A22 A23 A30 A59 A60 A61 A63 A64 A65 A66 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B16 B18 B24 C4 C8 O/a titor/a da institución colaboradora realizará a avaliación da implicación e actuación do alumnado no centro/aula. 45
Portafolios do alumno A31 A62 B1 B3 B9 B11 B12 B14 B15 B17 B22 B25 C1 C3 C7 O/a titor/a da Facultade realizará a avaliación do contido do portafolios cos seguintes criterios:
- Capacidade de relación teoría-práctica
- Dominio conceptual e capacidade analítica
- Capacidade para relacionar ideas e accións
- Capacidade de argumentar e fundamentar
- Expresión escrita propia e claridade expositiva
- Capacidade de descrición de escenarios, situacións e accións
- Capacidade de autoavaliación e autocrítica
Orixinalidade da proposta
45
 
Observacións avaliación

a) Requisitos para superar a materia:

1.       Para aprobar a materia será necesario superar os seguintes elementos da avaliación: practicas pedagóxicas e portafolios.

b) Elementos da avaliación que se poden recuperar na segunda oportunidade de avaliación (xullo):

1.       As practicas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida nas mesmas na oportunidade de xuño, mantense para a oportunidade de xullo. Isto supón que un suspenso nas mesmas na oportunidade de xuño implica a non superación da materia.

2.       Os seminarios non se poden recuperar, polo que a cualificación obtida nos mesmos na oportunidade de xuño, mantense para a oportunidade de xullo.

3.       O portafolios pode recuperarse, polo que o alumnado que non supere o portafolios na oportunidade de xuño terá a ocasión de melloralo para a oportunidade de xullo, conservando sempre as cualificacións dos demais elementos da avaliación.

c) Cualificacións:

1.       A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cada un dos elementos da avaliación segundo o seu peso respectivo.

2.       No caso de non superar algunha das partes de obrigatoria superación da materia, a nota final será a nota da parte non superada.

3.       Non realizar as practicas pedagóxicas estando matriculado na materia supón un Non Presentado.

4.       No caso
de non presentar o portafolio tendo as prácticas pedagóxicas superadas
supón obter como máximo a cualificación de suspenso 4

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes