Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Practicum I
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Co fin de favorecer o axuste á planificación e temporalización da materia, aquel alumnado que teña previsto solicitar a ampliación da matrícula e incluir o practicum na mesma é necesario que o notifique un mes antes do inicio das prácticas. Deberá remitir un email a vicedecanato.practicum.educacion@udc.gal, ainda que nese momento non cumpla os requisitos, co fin de facilitarlle as indicacións oportunas.

1.     A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 1.1. Realizarase a través da aplicación, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. 1.2. De realizarse en papel, seguindo as indicacións do profesorado titor de facultade: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. 2. Débese facer un uso sustentable dos recursos e evitar impactos negativos sobre o medio natural. 3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 4. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…). 5. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 6. No caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero proporanse accións e medidas para corrixilas. 7. Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes