Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Medio histórico e xeográfico de Galicia e a súa didáctica
   Contidos
Temas Subtemas
Unidade 1.
-Introdución.
- Que coñecementos temos do medio histórico e xeográfico galego?
- Como pensamos e deseñamos a materia?
- Que obxectivos nos marcamos?
- Cales son os centros de interese?
- De que coñecementos partimos?
- Contidos e metodoloxía: propostas.
- A interdisciplinariedade e o traballo por proxectos na didáctica do medio xeográfico e histórico de Galicia.
Unidade 2.
-Paisaxes naturais, históricas e culturais.
- Que é a paisaxe?
- Observacións e análise de paisaxes naturais, históricas e culturais.
- As fontes de información e documentación no entorno.
- Como ler e interpretar a paisaxe.
- O clima, o relevo, a auga, a flora e fauna, a poboación de Galicia, etc., para traballar na E. Infantil.
Unidade 3.
-As poboadoras e poboadores de Galicia. Desde a Prehistoria á Idade Contemporánea.
-A evolución cultural galega e a súa relación con outras culturas.
- Prehistoria e Historia na Educación Infantil?: a curiosidade, a motivación e os centros de interese.
- A Arte e outras manifestacións da comunicación e creatividade.
- Experiencias: traballando a historia na E. Infantil dende as emocións, a creatividade e a flexibilidade.
Unidade 4.
-Temas monográficos.
- Nesta unidade traballaranse cuestións e temas concretos que vaian xurdindo da propia dinámica da aula e de especial actualidade.
Ensaiarase o traballo por proxectos, cunha ou máis temáticas de contidos, recursos e aplicacións didácticas idóneos coa materia.
- Os obradoiros estarán directamente relacionados con estes temas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes