Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Medio histórico e xeográfico de Galicia e a súa didáctica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A39 A37 B9 B10 B11 Ao tratarse dunha materia flexible que se vai construíndo segundo os centros de interese do alumnado guiado pola profesora, e de marcado carácter experimental, esta proba é un exercicio simple a modo de resumo individual da actividade desenvolvida por cada alumna/o.

10
Saídas de campo A23 A40 B6 C4 A asistencia será obrigatoria e puntuará a participación activa, así como nas tarefas previas e posteriores ás mesmas. 30
Eventos científicos e/ou divulgativos B6 B8 B15 C7 A asistencia será obrigatoria e as alumnas e alumnos realizarán comentarios escritos acerca das actividades. 10
Seminario A26 A33 A36 A39 B1 B4 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B17 B18 C1 Valorarase a participación e implicación, o criterio, a puntualidade nas entregas, a creatividade e a calidade do traballo. Con ser un traballo de grupo, terase en conta a participación de cada estudante. 50
 
Observacións avaliación

Na avaliación terase en conta a actitude, interese, participación, e dedicación á materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes