Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Xogos motores
   Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE 1: FUNDAMENTOS TEÓRICOS DO XOGO Este bloque está formado por temas que abordan a parte teórica da materia.
Tema 1. Marco conceptual do xogo motor. - Concepto e características do xogo.
Tema 2. Fundamentos teóricos do xogo. - Diversos enfoques que xustifican a presenza do xogo na infancia.
Tema 3. O xogo na Educación Infantil e a evolución das suas formas. - A evolución do xogo na etapa infantil e a súa relación coa motricidade.

Tema 4. O xogo motor no currículo da Educación Infantil. - Análise do xogo no currículum de Educación Infantil.
- O emprego do xogo para o desenvolvemento motor en idade infantil.


Tema 5. O xogo motor e a sua didáctica. - Didáctica e metodoloxía do xogo.
- Organización de espazos lúdicos.
- Xogo e programación.
BLOQUE 2: PROPOSTAS DE INTERVENCIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES FÍSICAS A través DO XOGO
Neste bloque abordaranse as diferentes temáticas a través de dúas formas:
- por medio de sesións teórico-prácticas dirixidas pola docente;
- por medio de prácticas dirixidas polo alumnado aos seus compañeiros e compañeiras e observadas pola docente.


Tema 6. Propostas prácticas de intervención a través do xogo motor.
Abordaranse diversas propostas de carácter práctico tanto en entornos ao aire libre como en espazos grandes de interior. Sirvan de exemplo o emprego de:
- Xogos para o desenvolvemento da creatividade.
- Xogos para o desenvolvemento das habilidades motrices básicas.
- Propostas lúdicas para o traballo sensorial.
- Xogos para o desenvolvemento das capacidades perceptivo-motrices.
- Xogos motrices a través do conto, a danza e as cancións.
- Xogos motrices e emprego de recursos didácticos e materiais alternativos.
- Instalacions de xogo.
- Xogos de representación e expresión, entre outras propostas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes