Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Xogos motores
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Ao comezar o curso lévanse a cabo actividades iniciais tanto na teoría coma na práctica para coñecer as competencias, intereses e motivaciones do alumnado para o logro dos obxectivos a alcanzar. Así poderemos coñecer información de interese (punto de partida) para articular mellor a docencia e optimizar os procesos de ensino-aprendizaxe.
Aprendizaxe colaborativa Levaranse a cabo diversos traballos guiados polo docente no aula e tamén a través da Plataforma Virtual. Estes traballos organizaranse en pequenos grupos que traballarán conjuntamente na resolución de problemas concretos.
Proba mixta Realizarase unha proba obxectiva na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña. A proba pode incluír preguntas longas, curtas e/ou tipo test e versará sobre todos aqueles contidos abordados tanto nas sesións teóricas como nas prácticas.
Sesión maxistral Algunhos temas correspondentes ao bloque 1 da asignatura serán expostos na aula a través de diferentes medios: explicación oral, apoio con presentacións informáticas, visualización de materiais didácticos en soporte dixital, debates, discusións dirixidas, etc.
Simulación Consiste na representación a través de contos motores e actividades de expresión dramática de situacións procedentes da realidade. O alumnado poñerase baixo condicións hipotéticas a partir dun tema ou situación problema elixido por eles de antemán, ante a cal ponse a proba a súa expresión corporal, capacidade comunicativa, de resolución de problemas e creatividade.
Traballos tutelados Realizarase un traballo teórico - práctico. Consiste no deseño e posta en práctica dunha proposta para Educación Infantil basada nunha metodoloxía lúdica e motriz cunha temática asignada pola docente para a suposta aplicación.
Práctica de actividade física A través desta metodoloxía realizaranse sesións de tipo práctico en diferentes espacios, a través dos contidos da materia e aplicados as diferentes idades da Educación Infantil.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes