Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Xogos motores
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Ao comezar o curso lévanse a cabo actividades iniciais tanto na teoría coma na práctica para coñecer as competencias, intereses e motivaciones do alumnado para o logro dos obxectivos a alcanzar. Así poderemos coñecer información de interese (punto de partida) para articular mellor a docencia e optimizar os procesos de ensino-aprendizaxe.
Aprendizaxe colaborativa Levaranse a cabo diversos traballos guiados polo docente no aula e tamén a través da Plataforma Virtual. Estes traballos organizaranse en pequenos grupos que traballarán conjuntamente na resolución de problemas concretos.
Sesión maxistral Algunhos temas correspondentes ao bloque 1 da asignatura serán expostos na aula a través de diferentes medios: explicación oral, apoio con presentacións informáticas, visualización de materiais didácticos en soporte dixital, debates, discusións dirixidas, etc.
Simulación Consiste na representación a través de contos motores e actividades de expresión dramática de situacións procedentes da realidade. O alumnado poñerase baixo condicións hipotéticas a partir dun tema ou situación problema elixido por eles de antemán, ante a cal ponse a proba a súa expresión corporal, capacidade comunicativa, de resolución de problemas e creatividade.
Traballos tutelados Realizarase un traballo teórico - práctico. Consiste no deseño e posta en práctica dunha proposta para Educación Infantil basada nunha metodoloxía lúdica e motriz cunha temática asignada pola docente para a suposta aplicación.
Proba de resposta breve Ao longo do curso iranse presentando aos alumnos diversas probas ou traballos breves para comprobar o seguimento dos contidos da materia, xa sexa na aula, a través de moodle ou doutras aplicacións online. Algunhas das probas realizaranse individualmente e outras en pequenos grupos.
Saídas de campo Actividades desenvolvidas en espazos distintos ao contorno académico universitario habitual relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de propostas didácticas, etc.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Práctica de actividade física A través desta metodoloxía realizaranse sesións de tipo práctico en diferentes espacios, a través dos contidos da materia e aplicados as diferentes idades da Educación Infantil.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes