Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Xogos motores
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A1 A4 A5 A53 A54 A55 A56 A60 B1 B2 B3 B5 B6 B12 B15 B17 C1 O alumnado cada vez que se aplique esta metodoloxía grupal deberá entregar por escrito os traballos realizados polo grupo. Valorarase o seu adecuación aos obxectivos previstos para cada traballo en concreto.
40
Traballos tutelados A1 A4 A5 A21 A23 A29 A33 A45 A53 A55 A56 A60 A62 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B11 B12 B15 B18 B23 B25 C1 C3 C6 C7 C8 Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos na clase. O traballo poderase realizar individualmente ou en grupo. A profesora especificará os requisitos formais de presentación dos traballos, tanto a sua parte escrita como a parte oral. O cumprimento de devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados.
40
Proba de resposta breve A1 A5 A21 A23 A53 A55 A56 A62 B1 B4 C3 C7 Proba obxectiva dirixida a provocar o recordo dunha aprendizaxe presentada. Preséntase un enunciado en forma de pregunta para responder cunha frase específica, palabra, cifra ou símbolo.
20
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obligatoria a participación nun 80% das sesións da materia. Non só bastará a asistencia senón que se computará tamén a participación activa do alumnado. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles. 

Segunda oportunidade: ao alumnado que asista a máis dun 80% das sesións na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcancen a puntuación mínima sinalada pola profesora. Terá que repetir as partes da avaliación que non alcancen ese mínimo.

En ambas oportunidades a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.

Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia.

O estudantado que non asiste ao 80% das clases na primeira oportunidade, ten á súa disposición un modelo alternativo de avaliación, que será o mesmo para ambas as oportunidades: proba mixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se debe demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia. Para facer media entre os contidos teóricos e prácticos haberá que aprobar cada parte.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o estudantado será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

En ambas oportunidades a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.

Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia.

Os traballos desta materia se entregan todos de forma electrónica, procurando o uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Tamén se pretenderá o mesmo obxectivo coas saídas de campo, tratando en todo momento de ser responsables co medio ambiente.

Na asignatura facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Asemade deberase incorporar a perspectiva de xénero nos traballos e exposicións nesta materia.

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

É primordial e necesaria a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos realizados como condición imprescindible para superar a materia.

NOTA: as metodoloxías de “Práctica de actividade física” , “Saídas de campo” e "Simulación" están suxeitas á posibilidade de garantir as medidas de seguridade dos participantes. Se non se dan as condicións de seguridade adecuadas, estas metodoloxías poderán substituírse por sesións de aula ou mesmo virtuais (o desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías incorporaríanse ás metodoloxías “Aprendizaxe colaborativa”, “Sesión maxistral”, "Presentación Oral", “Traballos tutelados” e  “Probas de resposta breve”).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes