Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Matemáticas e xogo
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición dos distintos temas por parte do docente co fin de motivar o estudo e traballo sobre a información presentada.
Traballos tutelados Elaboración de tres traballos relativos á materia explicada na clase. Dous en grupo, un utilizando as Tics sobre un tema a elexir entre varios que se proporán, e outro que consistirá no diseño e adaptación dun xogo de estratexia a un aula de Educación Infantil.
Un traballo individual que consistirá na elaboración dun ficheiro de xogos infantís coa súa correspondente clasificación.
Presentación oral Exposición na aula dos traballos realizados en grupo.
Proba obxectiva Consideraránse alumnos "presenciais " os que asistán como mínimo ao 80% das clases.
A estos alumnos "presenciais", proporánselles en forma de fichas diversas preguntas relativas á materia que se esté traballando ao longo do cuadrimestre. O alumnado deberá respondelas de xeito individual.
No caso de alumnos "non presenciais" haberá un exame final da materia que terá unha porcentaxe diferente de valoración segundo que teñan presentado ou non os traballos tutelados.
Lecturas Debénse consultar diversos libros e manuais propostos na bibliografía para un mellor seguimento e participación nesta materia.
Prácticas de laboratorio Consistirán na realización de todo o que se propoña relativo ao tema estudado. Valorarase a asistencia, a participación, o interese, o razoamento, a actitude positiva...
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes