Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Subjects
  Teaching on the Human Body and Healthy Living
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Collaborative learning B1 B3 B5 B6 B18 C4 Valorarase a participación nas tarefas realizadas na aula e a elaboración de material que trate a análise e interpretación das situacións obxecto de estudo. Ademais tamén se valorará a asistencia, o interese, o razoamento, a actitude positiva... A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre chegar ao 50% da calificación indicada. 10
Oral presentation A33 A36 B17 C1 Valorarase a exposición oral realizada con axuda das TIC da proposta didáctica e/ou traballos titelados elaborados. Ademais, tamén se valorará a claridade na exposición, linguaxe correcta, dominio da materia… A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 50% da calificación indicada. 10
Mixed objective/subjective test A15 Valoraranse os resultados obtidos nunha proba escrita sobre o marco teórico da asignatura. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 40%% da calificación indicada. A profesora, en función da ratio, perfil do alumnado e outras circunstancias que considere, poderá decidir a posibilidade de non realizar a proba escrita 40
Supervised projects A18 A32 A39 A40 A41 B2 B5 B10 B11 B12 B13 B16 B18 B25 C3 C4 C6 Valorarase a adquisición de habilidades e destrezas asociadas a este tipo de metodoloxía que pretende promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes a nivel individual. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 50% da calificación indicada. 40
 
Assessment comments

NORMAS XERAIS DA AVALIACIÓN

PRESENCIAL

A profesora, en función da ratio, perfil do alumnado e outras circunstancias que considere, poderá decidir a posibilidade de non realizar a proba escrita. Nese caso a ponderación será a seguinte:

-Asistencia ao 100% das sesións expositivas (de forma telemática se a ratio non permite que sexa presencial) e interactivas  que corresponde ao 20% da nota. A asistencia a estas actividades é obrigatoria. Valorase a asistencia a través das tarefas realizadas na aula, o interese e a actitude positiva cara a materia. O alumnado que non asista ao 90% das sesións (interactivas e expositivas) será considerado alumnado non presencial.

-Realización de traballos tutelados ben de forma individual ou ben en parellas/grupo, corresponde ao 60% da nota.

-Presentación da actividade práctica e/ou interactiva e/ou proposta didáctica (20% da nota).

No caso de que a profesora decida realizar unha proba escrita, a ponderación será a seguinte:

-Sesións expositivas,  interactivas e actividades prácticas de
campo/laboratorio: a asistencia aó 90% a estas actividades é obrigatoria. Corresponde ao 10% da nota final. Se non cumpre a asistencia do 90% será considerado alumnado non presencial.

-Traballos tutelados. Serán avaliados os traballos presentados nas
datas fixadas ao longo do curso. A nota neste apartado será a media ponderada,
no seu caso, das cualificacións obtidas en cada un deles. Corresponde ao 50% da nota final. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 50% da calificación indicada.

-Proba escrita individual dos resultados da
aprendizaxe. Corresponde ao 40% da nota final. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 50%da calificación indicada.

 Alumnado NON PRESENCIAL

O alumnado que non cumpla os requisitos de asistencia anteriormente citados ben por diversas circunstancias non poida asistir regularmente as sesións da materia ou sexa"alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa económica de exención de asistencia"  a avaliación será o resultado das cualificacións
obtidas nos seguintes apartados:

-Os traballos tutelados, baixo a supervisión da profesora nas titorías que se consideren oportunas (60% da nota)

-A proba mixta (exame) sobre o marco teórico da asignatura (40% da nota).

A realización deste dous aspectos (traballos e exame) é obrigatoria e para superalos cómpre acadar o 50% da calificación indicada en cada un.

A avaliación para a segunda oportunidade (xullo) será exactamente a mesma na que aparece nas indicacións do alumnado non presencial (traballos tutelados 60% e proba escrita 40%)

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes