Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Ensino do corpo humano e de hábitos saudables
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa B1 B3 B5 B6 B18 C4 Valorarase a participación nas tarefas realizadas na aula e a elaboración de material que trate a análise e interpretación das situacións obxecto de estudo. Ademais tamén se valorará a asistencia, o interese, o razoamento, a actitude positiva... A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre chegar ao 50% da calificación indicada. 10
Presentación oral A33 A36 B17 C1 Valorarase a exposición oral realizada con axuda das TIC da proposta didáctica e/ou traballos titelados elaborados. Ademais, tamén se valorará a claridade na exposición, linguaxe correcta, dominio da materia… A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 50% da calificación indicada. 10
Proba mixta A15 Valoraranse os resultados obtidos nunha proba escrita sobre o marco teórico da asignatura. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 40%% da calificación indicada. A profesora, en función da ratio, perfil do alumnado e outras circunstancias que considere, poderá decidir a posibilidade de non realizar a proba escrita 40
Traballos tutelados A18 A32 A39 A40 A41 B2 B5 B10 B11 B12 B13 B16 B18 B25 C3 C4 C6 Valorarase a adquisición de habilidades e destrezas asociadas a este tipo de metodoloxía que pretende promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes a nivel individual. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 50% da calificación indicada. 40
 
Observacións avaliación

NORMAS XERAIS DA AVALIACIÓN

PRESENCIAL

A profesora, en función da ratio, perfil do alumnado e outras circunstancias que considere, poderá decidir a posibilidade de non realizar a proba escrita. Nese caso a ponderación será a seguinte:

-Asistencia ao 100% das sesións expositivas e interactivas (prácticas de laboratorio e/ou de lápis/papel)  que corresponde ao 50% da nota. A asistencia a estas actividades é obrigatoria. Valorase a asistencia a través das tarefas realizadas na aula, presentación actividades interactivas e/ou prácticas ou proposta didáctica e o interese e a actitude positiva cara a materia. O alumnado que non asista ao 100% das sesións (interactivas e expositivas) será considerado alumnado non presencial.

-Realización de traballos tutelados ben de forma individual ou ben en parellas/grupo, corresponde ao 50% da nota.

Segundo
o establecido no artigo 12º da “Normas de avaliación, revisión e reclamación
dás cualificacións dúas estudos de grao e mestrado universitario” na UDC
(29/06/2017), referente á solicitude de realización de probas de avaliación en
datas distintas da ordinaria,  cabe destacar que, só refírese ás probas
que se realicen no período de avaliación establecido polo calendario académico,
polo que quedan expresamente excluídas as probasde avaliación continua
que se realicen fora do devandito período. Por este motivo, non se aceptarán
documentos de ningún tipo para xustificar a non asistencia ás sesións expositivas e
interactivas (tarefas de aula, realización e/ou presentación  de actividades prácticas, de lápis e papel  ou proposta didáctica).

No caso de que a profesora decida realizar unha proba escrita, a ponderación será a seguinte:

-Sesións expositivas,  interactivas e actividades prácticas de
campo/laboratorio: a asistencia aó 100% a estas actividades é obrigatoria. Corresponde ao 10% da nota final. Se non cumpre a asistencia do 100% será considerado alumnado non presencial.

-Traballos tutelados. Serán avaliados os traballos presentados nas
datas fixadas ao longo do curso. A nota neste apartado será a media ponderada,
no seu caso, das cualificacións obtidas en cada un deles. Corresponde ao 50% da nota final. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 50% da calificación indicada.

-Proba escrita individual dos resultados da
aprendizaxe. Corresponde ao 40% da nota final. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 50%da calificación indicada.

Segundo
o establecido no artigo 12º da “Normas de avaliación, revisión e reclamación
dás cualificacións dúas estudos de grao e mestrado universitario” na UDC
(29/06/2017), referente á solicitude de realización de probas de avaliación en
datas distintas da ordinaria,  cabe destacar que, só refírese ás probas
que se realicen no período de avaliación establecido polo calendario académico,
polo que quedan expresamente excluídas as probas de avaliación continua
que se realicen fora do devandito período. Por este motivo, non se aceptarán
documentos de ningún tipo para xustificar a non asistencia ás sesións expositivas e
interactivas (tarefas de aula, realización e/ou presentación  de actividades prácticas, de lápis e papel  ou proposta didáctica)

 Alumnado NON PRESENCIAL

O alumnado que non cumpla os requisitos de asistencia anteriormente citados ben por diversas circunstancias non poida asistir regularmente as sesións da materia ou sexa"alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa económica de exención de asistencia"  a avaliación será o resultado das cualificacións
obtidas nos seguintes apartados:

-Os traballos tutelados, baixo a supervisión da profesora nas titorías que se consideren oportunas (50% da nota)

-A proba mixta (exame) sobre o marco teórico da asignatura (50% da nota).

A realización deste dous aspectos (traballos e exame) é obrigatoria e para superalos cómpre acadar o 50% da calificación indicada en cada un.

A avaliación para a segunda oportunidade (xullo) será exactamente a mesma na que aparece nas indicacións do alumnado non presencial (traballos tutelados 50% e proba escrita 50%)

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes