Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Ensino do corpo humano e de hábitos saudables
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa B1 B3 B5 B6 B18 C4 Valorarase a participación nas tarefas realizadas na aula e a elaboración de material que trate a análise e interpretación das situacións obxecto de estudo. Ademais tamén se valorará a asistencia, o interese, o razoamento, a actitude positiva... A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre chegar ao 50% da calificación indicada. 10
Presentación oral A33 A36 B17 C1 Valorarase a exposición oral realizada con axuda das TIC da proposta didáctica e/ou traballos titelados elaborados. Ademais, tamén se valorará a claridade na exposición, linguaxe correcta, dominio da materia… A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 50% da calificación indicada. 10
Proba mixta A15 Valoraranse os resultados obtidos nunha proba escrita sobre o marco teórico da asignatura. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 40%% da calificación indicada. A profesora, en función da ratio, perfil do alumnado e outras circunstancias que considere, poderá decidir a posibilidade de non realizar a proba escrita 40
Traballos tutelados A18 A32 A39 A40 A41 B2 B5 B10 B11 B12 B13 B16 B18 B25 C3 C4 C6 Valorarase a adquisición de habilidades e destrezas asociadas a este tipo de metodoloxía que pretende promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes a nivel individual. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 50% da calificación indicada. 40
 
Observacións avaliación

ALUMNADO PRESENCIAL (acude ao 80% das sesións)

A cualificación final será a consecuencia dos resultados obtidos nos seguintes apartados:

-Presentación oral dun proxecto de investigación realizado en pequenos grupo. Supón o 50% da cualificación final.

-Proba individual de avaliación do proxecto de investigación. Supón o 50% da cualificación final.

A súa nota final será a media das cualificaciones obtidas,
solicitándose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre
10 para aprobar a materia.

Segundo o establecido no artigo 12º da “Normas de avaliación,
revisión e reclamación das cualificacións dúas estudos de grao e mestrado
universitario” na UDC (29/06/2017), referente á solicitude de realización de
probas de avaliación en datas distintas da ordinaria, cabe destacar que só
refírese ás probas que se realicen no período de avaliación establecido polo
calendario académico, polo que quedan expresamente excluídas as probas de
avaliación continua que serealicen fora do devandito período. Por este motivo,
non se aceptarándocumentos de ningún tipo para xustificar a non asistencia ás
sesiónsinteractivas e/ou ás sesións de seguimento / presentación dos traballos
tutelado.

ALUMNADO NON PRESENCIAL

O alumnado que non cumpla os requisitos de asistencia anteriormente
citados ben por diversas circunstancias non poida asistir regularmente
as sesións da materia ou sexa"alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial e dispensa académica que lles exime da asistencia á clase"( segundo o establecido na  Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia ea progresión dos  estudantes de Grao e Master universitario na Universidade da Coruña  Aprobada polo Consello Social 4/05/2017).

1.     Deberán poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase.

2.     Serán avaliados a través dun proxecto de investigación individual e dunha proba individual que se realizará na data oficial.

A súa nota final será a media das cualificaciones obtidas, solicitándose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso”
(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para
isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
oportunidade, se fose necesario

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes