Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Subjects
  Early Intervention
   Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Actividades que se levan a cabo a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para obter información relevante que permita articular a docencia a fin de favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Guest lecture / keynote speech Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir os contidos da materia e facilitar a construción da aprendizaxe.
Collaborative learning Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Oral presentation Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais, por parte dos grupos de traballo sobre algún dos contidos da materia para optimizar a aprendizaxe individual e do grupo-clase.
Summary Síntese dalgúns dos temas da materia coa finalidade de facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo.
Workbook Realización individual de lecturas co obxectivo de asimilar os contidos da materia.
Objective test A proba obxectiva da materia consistirá nunha serie de preguntas nas que o alumno deberá utilizar os coñecementos adquiridos na materia ao longo do curso.
Mind mapping Técnica de traballo individual que consiste en establecer relacións entre os conceptos clave duns contidos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes