Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Atención temperá
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B9 C3 Exposición verbal sobre distintas temáticas con interacción entre o alumnado e profesorado, propondo cuestións para o debate e a participación. Valoraranse tanto os aspectos formais como os de contido. 20
Portafolios do alumno A15 A17 C8 Contén as actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado en grupos de traballo cooperativo. Esta carpeta integra as metodoloxías de aprendizaxe cooperativa, traballos tutelados e análise de fontes documentais, entre outras.
As actividades e tarefas deseñadas entregaranse vía telemática, a través da plataforma moodle, segundo o calendario estabelecido ao inicio do curso.
70
Resumo B1 B4 Síntese individual de cada un dos temas da materia. Entregarase a tráves da plataforma moodle, segundo o calendario estabelecido ao inicio do curso. 10
 
Observacións avaliación

1ª CONVOCATORIA.

Dependendo da asistencia continuada ou non as clases, hai dúas
modalidades de seguir a materia de “Atención Temperá” que determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade
A: Avaliación Continua e Modalidade B de Avaliación Final 


Modalidade A:
Avaliación Continua.
Nesta modalidade levarase a cabo unha avaliación de tipo procesual
consistente na realización dunha serie de actividades e prácticas dos contidos da materia realizadas en grupo co seguimento periódico das mesmas. Por
tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das
horas presenciais, é dicir, só se poderá faltar un máximo de 4 módulos
no cuadrimestre, en caso contrario deberase optar pola modalidade B),
sendo imprescindíbel ademais a participación activa e
continuada por parte do alumnado no grupo de traballo na aula (no caso
de non ser así contabilizarase como unha ausencia). Esta avaliación
levarase a cabo a partir de:

a) as achegas do grupo de
estudantes que serán presentadas nun dossier ou carpeta de traballo
que incluirá as actividades-prácticas do grupo. Para superar
satisfactoriamente a materia será necesario realizar todas as
actividades e prácticas propostas e participar no
traballo non presencial como mínimo nun 85% das horas realizadas. Isto
suporá como máximo un 70% da cualificación.

b) a exposición oral sobre os contidos
teórico-prácticos da materia a determinar no grupo clase. Isto representa como máximo un 20% da
cualificación.

c) síntese-esquema ou mapa conceptual individual dos contidos de cada un dos temas presentados. (10% da cualificación)


Modalidade B: Avaliación Final.
Para aquel alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais, a
nota final virá determinada por unha proba final escrita dos contidos teórico-prácticos da materia. A data para esta
proba será a fixada polo Centro.

OUTRAS CONVOCATORIAS:
Nas restantes convocatorios seguirase a Modalidade B anterior, isto é
proba escrita dos contidos teórico-prácticos da materia do curso académico correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes