Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Subjects
  Early Intervention
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Oral presentation A15 B9 C3 Exposición verbal sobre distintas temáticas con interacción entre o alumnado e profesorado, propondo cuestións para o debate e a participación. Valoraranse tanto os aspectos formais como os de contido. 20
Summary A17 B1 B4 C8 Síntese individual de algún dos temas da materia. Entregarase a tráves da plataforma moodle, segundo o calendario estabelecido ao inicio do curso. 10
Objective test A2 A3 A9 A15 A proba obxectiva da materia consistirá nunha serie de preguntas nas que o alumno deberá utilizar os coñecementos adquiridos na materia ao longo do curso. 70
 
Assessment comments

1ª CONVOCATORIA. 1ª OPORTUNIDADE


Dependendo da asistencia continuada ou non as clases, hai dúas
modalidades de seguir a materia de “Atención Temperá” que determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade
A: Avaliación Continua e Modalidade B de Avaliación Final 


Modalidade A:
Avaliación Continua.
Nesta modalidade levarase a cabo unha avaliación de tipo procesual
consistente na realización dunha serie de actividades e prácticas dos contidos da materia realizadas en grupo co seguimento periódico das mesmas. Por
tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das
horas presenciais, é dicir, só se poderá faltar un máximo de 4 módulos
no cuadrimestre, en caso contrario deberase optar pola modalidade B),
sendo imprescindíbel ademais a participación activa e
continuada por parte do alumnado no grupo de traballo na aula (no caso
de non ser así contabilizarase como unha ausencia). Esta avaliación
levarase a cabo a partir de:

a) as achegas do grupo de
estudantes que serán presentadas nun dossier ou carpeta de traballo
que incluirá as actividades-prácticas do grupo. Para superar
satisfactoriamente a materia será necesario realizar todas as
actividades e prácticas propostas e participar no
traballo non presencial como mínimo nun 85% das horas realizadas. Isto
suporá como máximo un 70% da cualificación.

b) a exposición oral sobre os contidos
teórico-prácticos da materia a determinar no grupo clase. Isto representa como máximo un 20% da
cualificación.

c) síntese-esquema ou mapa conceptual individual dos contidos de cada un dos temas presentados. (10% da cualificación)

Para superar satisfactoriamente a materia será necesario presentar e participar de todas as actividades e tarefas propostas para cada tema mencionadas non puntos a, b e c.

Modalidade B: Avaliación Final.
Para aquel alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a
nota final virá determinada por unha proba final escrita dos contidos teórico-prácticos da materia.

1ª CONVOCATORIA: 2ª OPORTUNIDADE

Na Modalidade A terase que volver a presentar as actividade e tarefas propostas para cada tema. Na Modalidade B a avaliación realizarase segundo o sinalado para a 1ª oportunidade.

OUTRAS CONVOCATORIAS

Nas restantes convocatorias seguirase a Modalidade B de avaliación final, isto é proba escrita dos contidos teórico-prácticos da materia do curso académico correspondente

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes