Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Atención temperá
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A9 A15 A29 B5 O alumnado realizará lecturas, análise, reflexión e síntese ou resolución de preguntas de documentos de interés para a materia, e búsqueda de fontes documentais para a prevención e/ou intervención para distintos tipos de factores de risco e alteracións no desenvolvemento. 20
Presentación oral A15 B9 C3 O alumnado presentará o traballo realizado no grupo pequeno na aula, e propoñerá unha serie de cuestións para o debate e a participación. Valoraranse tanto os aspectos formais como os de contido e os relativos á exposición. 40
Portafolios do alumno A17 B1 B4 C8 O cartafol servirá como mostra ou evidencia das aprendizaxes acadadas na materia. Deberá presentarse ao remate da mesma, debidamente estructurado de acordo as indicacións efectuadas para a súa realización. O alumnado seleccionará e incorporará os materiais que considere oportunos entre todos os produtos finais do traballo realizado nas sesións expositivas e interactivas, destacando os casos prácticos, tanto no fomento do desenvolvemento na aula , como nos trastornos do desenvolvemento
40
 
Observacións avaliación

1ª CONVOCATORIA. 1ª OPORTUNIDADE

Dependendo da asistencia continuada ou non ás clases, hai dúas modalidades de seguir a materia de "Atención Temperá" que determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade A: Avaliación Continua e Modalidade B de Avaliación Final.


Modalidade A: Avaliación Continua. Nesta modalidade levará a cabo unha avaliación de tipo procesual consistente na realización dunha serie de actividades e prácticas dos contidos da materia realizadas en grupo co seguimento periódico das mesmas. Por tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das horas presenciais, é dicir, só poderase faltar un máximo de 4 módulos no cuadrimestre, en caso contrario deberase optar pola modalidade B), sendo imprescindible ademais a participación activa e continuada por parte do alumnado no grupo de traballo na aula. Esta avaliación levarase a cabo a partir de: 

a) Cada grupo presentará o seu portafolio, que incluirá os resumenes e as actividades prácticas do grupo. Para superar satisfactoriamente a materia será necesario realizar todas as actividades e prácticas propostas e participar no traballo presencial e presencial como mínimo nun 85% das horas realizadas. Puntuarase tamén a participación activa en clase. Isto representa un 40 % da cualificación.
b) A exposición oral representa un 40% da cualificación. Será valorada pola/o docente e polo propio grupo-clase.
c) Cada grupo pequeno presentará os traballos tutelados prescritos polo/a docente contando un 20% da cualificación.
 Para superar satisfactoriamente a materia será necesario presentar e participar de todas as actividades e tarefas propostas para cada tema mencionadas nos puntos a, b e c. Encada actividade terase que superar o 50 % da cualificación. 
Modalidade B: Avaliación Final. Para aquel alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a nota final virá determinada por unha proba final escrita dos contidos teórico-prácticos da materia, que incluirá o contido das clases interactivas.

Modalidade B: Avaliación Final. Para aquel alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a nota final virá determinada por unha proba final escrita dos contidos teórico-prácticos da materia, que incluirá o contido das clases interactivas.

1ª CONVOCATORIA: 2ª OPORTUNIDADE

Na Modalidade A, teranse que entregar as actividades que non se realizaron ou non superaron o 50%. A modalidade B mantense igual.

OUTRAS CONVOCATORIAS

Nas restantes convocatorias seguirase a Modalidade B de avaliación final, isto é proba escrita dos contidos teórico-prácticos da materia do curso académico correspondente.


NOTA:

Cualificación de suspenso na  convocatoria  en que se cometa fraude na elaboración de tarefas, traballos ou probas,  :o/a  estudiante será cualificada/o con "suspenso"nota de 0, na convocatoria correspondente do curso académico, tanto si a comisión da falta se cometese  na primeira oportunidade como na  segunda. Para isto,  procederase a modificar a  calificación na acta da primera oportunidade, se fose preciso..

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes