Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Bases didácticas da educación especial inclusiva
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Bases didácticas da educación especial inclusiva Código 652G01034
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Rodríguez Machado, Eduardo Rafael
Correo electrónico
e.rodriguez.machado@udc.es
Profesorado
Rodríguez Machado, Eduardo Rafael
Correo electrónico
e.rodriguez.machado@udc.es
Web http://erodriguezmachado.wordpress.com
Descrición xeral A atención á diversidade é un dos elementos claves a desenvolver no sistema educativo. Resulta de especial importancia que o profesorado de Infantil teña sexa consciente da necesidade de adoptar modelos de traballo que favorezan o desenvolvemento persoal de todo o alumnado, independentemente das necesidades e características que teña cada alumno e alumna. Por este motivo, é imprescindible que o futuro docente teña coñecemento de modelos de traballo de planificación e desenvolvemento da acción docente para responder ás necesidades de todo o alumnado, entre eles e elas, o que é destinatario da Educación Especial; daranse a coñecer experiencias educativas; procurarase a formación na elección, adaptación e elaboración de materiais e recursos educativos nunha aula na que hai alumnado con diferentes ritmos, intereses, necesidades, etc.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos. Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías. *Metodoloxías docentes que se manteñen. Sesión maxistral. – Discusión dirixida (computa na avaliación). – Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación). – Atención personalizada. *Metodoloxías docentes que se modifican. Proponse Actividades Interactivas para artellar un seguimento e asesoramento as aprendizaxes dos estudiantes. Empréganse as ferramentas de Moodle e Teams para implementar as diversas metodoloxías. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. 4. Modificacións na avaliación Estudio de casos: realizados a través de Moodle e presentados a través de Teams. 20% Análise de fontes documentais: Realizadas a través de Moodle e presentadas a través do Portafolio Dixital. 30% Actividades interactivas: realizadas en Moodle e presentadas a través do Portafolio Dixital. 30% Proba Mixta: Examen a través de Moodle. 20% *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. 1. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). 2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: a. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. b. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados). c. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. d. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. Para o curso 2020-2021, non hai modificacións nas probas de avaliación, excepto no referido á modalidade de avaliación: presencial ou virtual, dependendo do escenario sanitario no que leve a cabo a docencia. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes