Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Bases didácticas da educación especial inclusiva
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
A6 Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual. A6
A7 Identificar dificultades de aprendizaxe, disfuncións cognitivas e as relacionadas coa atención. A7
A8 Saber informar a outros profesionais especialistas para abordar a colaboración do centro e do mestre na atención ás necesidades educativas especiais que se propoñan. A8
A9 Adquirir recursos para favorecer a integración educativa de estudantes con dificultades. A9
A10 Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo. A10
A13 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable. A13
A17 Colaborar cos profesionais especializados para solucionar ditos trastornos. A17
A21 Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6. A21
A32 Valorar a relación persoal con cada estudante e a súa familia como factor de calidade da educación. A32
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. B6
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade. B24
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4
Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas. A4
Identificar trastornos no sono, a alimentación, o desenvolvemento psicomotor, a atención e a percepción auditiva e visual A16
Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil. A23
Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas de innovadoras en educación infantil A28
Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo. B3
Habilidades sociais para exercer o liderado na aula. B23
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro C2
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes