Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Subjects
  Teaching Foundations in of Inclusive Special Needs Education
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Research (Research project) A6 A7 A9 A10 A13 A17 A21 C4 Recolleita dunha proposta educativa, análise, interpretación e adaptación ás caractarísticas dunha escola que camiña cara a inclusión. Daráselle especial importancia a valorar aspectos que fagan referencia á inclusión escolar, tanto dende o punto de vista dos obxectivos e contidos traballados, da metodoloxía, do proceso de avaliación e o uso de recursos do entorno próximo e distante do alumnado dende a perspectiva de promover o coñecemento, o respecto, a toma de decisións baseadas na substentabilidade. As propostas realizaranse na aula-net a través de diversas actividades en moodle. 40
Student portfolio A6 A7 A8 A9 A10 A13 A21 A32 B6 B24 C4 Recollida da información, dos contidos e tarefas traballados na clase, para proceder á súa análise e interpretacación e contraste coas opinións dos autores e autoras:

Os criterios de avaliación do documento serán:
-Integración dos contidos abordados e das actividades realizadas na aula.
-Reflexión e opinión persoal
-Ampliación de coñecementos empregando as fontes documentais e investigación persoal.
-Aplicabilidade ao teu traballo como docente no ámbito da EI.
-Manexo das TIC para o alumnado con ANEAE.
- Examen opcional. 20%
60
 
Assessment comments

1. OPCIÓNS DE AVALIACIÓN:

Opción A.

Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:

   a) Elaboración e presentación dos traballos individuais e de pequeno grupo en moodle (40%).

   b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (30%).

   c) Portafolio dixital (30%).

Opción B.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a normativa.

Alumnado cunha asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:

   a) Elaboración e presentación dos traballos e portafolio dixital (50%).

   b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (50%). 

2. OBSERVACIONS ADICIONAIS:

1- Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados, portafolio dixital e proba de resposta múltiple).

2- O traballo tutelado presentarase antes da data do exame oficial (para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentados e aprobados os traballos).

3- Se aconsella disponer de ordenador portátil ou tableta en todas as sesions aínda que se realizarán na aula multimedia.

4- As clases virtuais en Microsoft Teams e moodle.

Os traballos individuais ou grupales do alumnado deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación na convocatoria correspondente.  A efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes