Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Bases didácticas da educación especial inclusiva
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A4 A7 A8 A9 A16 A23 A24 Proba final da materia que constará de 20 preguntas de resposta múltiple. 20
Traballos tutelados A4 A13 A17 A21 A23 B3 B5 B6 B7 Realización dunha proposta educativa seguindo a metodoloxía DUA - Deseño Universal do Aprendizaxe - para un aula de educación infantil.
As actividades propostas deben en liña contidos traballados na materia e cos obxectivos da DUA, as metodoloxías, recursos e avaliación deben atender as características e necesidades individuais do ACNEAE. A proposta debe ser deseñada tendo en conta un modelo de atención a diversidade inclusivo.
40
Portafolios do alumno A7 A8 A9 A13 A21 A23 B3 B5 B24 C1 C4 Recollida da información, dos contidos e tarefas traballados na clase, para proceder á súa análise e interpretacación e contraste coas opinións dos autores e autoras:

Os criterios de avaliación do documento serán:
-Integración dos contidos abordados e das actividades realizadas na aula.
-Reflexión e opinión persoal
-Ampliación de coñecementos empregando as fontes documentais e investigación persoal.
-Aplicabilidade ao teu traballo como docente no ámbito da EI.

40
 
Observacións avaliación

En aplicación da "Norma que regula el régimen de dedicación al estudio de los estudiantes de grado en la UDC " (aprobada en Consello de Goberno de 29 de maio de 2012), o alumnado ao que se lle teña recoñecida a condición de estudante a tempo parcial e teña solicitado á Decana a correspondente dispensa académica, quedará eximido da obrigatoriedade de asistencia á parte das sesións e/ou o alumnado non presencial (cunha asistencia menor do 80%) deberá entregar realizar o traballo tutelado individualmente antes da data establecida para a realización do exame da materia. Cada unha das partes - exame e traballo tutelado - ponderará un 50% da nota final.

2. OBSERVACIONS ADICIONAIS:

  • O traballo tutelado e o portfolio presentarase antes da data do exame oficial.
  • A convocatoria de xullo está sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xuño.
  • Os traballos do alumnado deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación na convocatoria correspondente. A efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.

"A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes