Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Practicum II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Portafolios do alumno É un cartafol ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado no Practicum ou o seu rexistro.
O portafolios inclúe todo o que fai cada alumno/a, como apuntamentos ou notas, traballos, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios do seu progreso realizados polos titores etc.
Análise de fontes documentais Empregaranse documentos bibliográficos relevantes sobre os diferentes contidos a que o Practicum II dá prioridade, como base para a análise e a reflexión sobre a diversidade de experiencias con que se entre en contacto nas institución educativas. É imprescindible entender a relación teoría-práctica e atender aos múltiplos factores que inciden no desenvolvemento da intervención educativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das distintas formas de interpretar a realidade educativa.
Eventos científicos e/ou divulgativos O alumnado asistirá a un evento científico e/ou divulgativo de profesionais e expertos no ámbito da Educación Infantil, que presentarán experiencias innovadoras desenvoltas nesta etapa educativa. A realización destes eventos dependerá da existenza do orzamento necesario.
Seminario 1. Sesión informativa inicial (2 horas). Información xeral para comentar e precisar a Guía docente, así como as pautas de carácter xeral, e orientar o alumnado acerca da súa decisión á hora de elixir institución colaboradora. Tamén se explicarán as funcións das diferentes persoas que van a titorizar o Practicum.
2. Selección de centro (2 horas).
3. Tres seminarios de titoría durante o Prácticum co profesorado titor (6 horas).
- Antes de incorporarse ao centro de prácticas o profesorado de Practicum, na data que se establecer, orientará o alumnado que titoriza cando menos sobre as seguintes cuestións: documentos que debe incluír no portafolios, lecturas imprescindibles e datas de entrega dos traballos solicitados, cronograma dos seminarios e calquera outra suxestión que estimar oportuna.
- Durante a realización do Practicum terá lugar a posta en común do traballo feito ata o momento polo alumnado asignado a un/ha mesmo/a titor/a co fin de revisar a planificación proposta, formular e resolver as posibles necesidades e/ou conflitos percibidos. Trátase de seleccionar e analizar conxuntamente situacións ou procesos representativos do decorrer da práctica profesional. Tamén se comentarán os textos ou documentos seleccionados para este fin.
- Ao finalizar a estadía no centro, de seguimento para responder as dúbidas do alumnado que se titoriza no tocante aos documentos solicitados.
Saídas de campo Constitúen as prácticas pedagóxicas: 420 horas de permanencia na institución educativa durante as cales se realizarán tarefas de observación, análise de casos, colaboración en accións educativas cos profesionais da propia institución etc. Así mesmo realizarase o deseño dun proxecto de aprendizaxe que se desenvolverá e avaliará na súa totalidade, ou en parte, segundo o determine o titor/a da institución. Se o alumno/a cursa a modalidade combinada (0-3 e 3-6 anos) os titores/as de ambas institucións colaboradoras, realizarán a avaliación da implicación e actuación do alumnado no centro/aula ata a metade da porcentaxe sinalada.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes