Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Pedagoxía da expresión musical
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes baixo a tutela do profesor/a e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do cándo, qué e cómo facer as cousas. Basease en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Obradoiro Momentos de traballo presencial có profesor/a, polo que implica unha participación obrigatoria para o alumnado. A forma e o momento no que se desenvolverán se indicará en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.
En xeral consistirá na interpretación de diferentes partituras de Conxunto Instrumental baixo a dirección do profesor/a. Será necesario obter un mínimo de 10 prácticas correctamente realizadas para superar este apartado. Implica a obligatoriedade da asistencia a clase por parte do alumnado.
Dado que se trata dunha práctica grupal, na súa avaliación terase en consideración a capacidade de traballo en equipo e de comunicación das propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio, así como capacidade para integrarse nun proxecto común destinado á obtención de resultados.
Sesión maxistral Nas sesións magistrais traballaránse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada có uso de presentacións, actividades dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
Realizaráse unha exposición xeral introductoria de cada un dos distintos temas do programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar có seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Prácticas a través de TIC Emprego de recursos informáticos tanto para a realización dos traballos tutelados, como para a investigación, onde se deberá facer unha análise estadística dos resultados.
As Tic tamén se poden empregar como recurso complementario para a práctica do dictado musical.
Proba oral Proba na que se busca responder, de forma oral, a preguntas cortas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Lecturas Conxunto de textos e documentación escrita que van recollendo e editando como fonte de profundización nos contidos traballados.
Investigación (Proxecto de investigación) Plantearáse un traballo de investigación relacionado coa materia. As orientacións do profeso/ar guiarán ao discente no proceso de realización. Para elo plantearánse lecturas obrigatorias e recomendadas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes