Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Pedagoxía da expresión musical
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A54 A55 C7 Momentos de traballo presencial có profesor/a que implica unha participación obrigatoria por parte do alumnado, sendo necesaria a asistencia a un mínimo de 8 sesións para obter a calificación de 5 puntos, a partires da 8ª sesión obrigatoria sumarase a puntuación proporcional tendo en conta o total de sesións no cuadrimestre, podendo chegar á máxima cualificación asistindo a todas as sesións. 25
Proba mixta A54 B1 C7 Proba que integra diferentes formas de comprobar si a aprendizaxe foi significativa. Constará de varias partes:
a.- Lectura e medida (solfeo). (25%)
b.- Entoación a capella. (30%)
c.- Interpretación con frauta doce e/ou melódica. (30%)
d.- Emprego de TIC aplicadas a E. Musical. (15%)

Este apartado irase avaliando nas clases diarias. Só deberá realizar o exame final o alumnado non presencial ou aquel que non supere o mínimo de asistencia.
25
Traballos tutelados A54 A55 B1 B22 B25 C3 As orientacións iniciais do profesor/a guiarán ao alumnado no proceso do traballo, permanecendo ao seu lado para as consultas necesarias. 25
Investigación (Proxecto de investigación) A57 C8 Presentación e defensa oral dun traballo de investigación sobre un tema relacionado coa materia na que se valorarán os seguintes aspectos:
1. Profundidade dos contidos.
2. Emprego da linguaxe apropiada.
3. Emprego adecuado das fontes documentais.
4. Seguridade e claridade na exposición oral.
15
Proba oral A57 B1 B25 C3 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da cal o alumnado e o profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a asignatura é necesario obter un 5  en cada un dos
apartados  anteriores. No caso contrario non se fai media.

Na parte de Obradoiro, como se trata dunha interpretación instrumental
grupal, o estudante que non poida realizar as 8 prácticas mínimas
obrigatorias (por ser alumnado con dedicación a tempo parcial ou
dispensa académica) deberá vir á proba acompañado como mínimo de catro
persoas. No caso de non ser posible isto, o discente examinaráse cun
acompañamento instrumental das pezas en formato dixital realizado por
él. En todos os epígrafes a porcentaxe da avaliación será a mesma que a
do alumnado asistente, que é a que figura en cada un dos apartados das
probas, tanto na primeira como na segunda oportunidade.

Como
consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exámes
como nos
traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación,
así
como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación,
excesivo número de tachaduras, etc. Todo elo suporá redución de puntos
sobre a nota
obtida.

Para non interferir no desenvolvemento do resto das
materias, evitarase tocar instrumentos musicais nos pasillos e noutras
áreas
comúns da Facultade, polo que o alumnado deberá solicitar ao profesorado
a reserva da aula de usos múltiples (cando sexa posible e esté libre)
có fin de realizar os ensaios de frauta  e da
coreografía nese espazo.

No caso
no que o profesorado detecte realización fraudulenta (plaxio) das probas de
avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14.4. Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a
utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da
internet sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, ou permiso
do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade. Todo iso sen perxuízo das responsabilidades disciplinarias ás que
puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".
Nesta materia, se algún dos docentes detecta plaxio nalgún traballo,
suporá un 0 na cualificación. No caso de reiteración, darase traslado á
Comisión Académica para a toma de medidas oportunas.

Farase
especial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha
educación e sociedade sostible. Para elo, sempre que sexa posible na
elaboración dos traballos empregarase material de reciclaxe e evitarase o
emprego de materiais de plástico na entrega dos mesmos. Os traballos
serán enviados exclusivamente telemáticamente, e de
non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos,
elixirase a impresión a dobre cara, e papel reciclado, evitando
imprimir borradores.
Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos
negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos
principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos
comportamentos persoais e profesionais.

Evitaráse
a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas. Usarase linguaxe non sexista.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes