Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Pedagoxía da expresión musical
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A54 A55 C7 Momentos de traballo presencial có profesor/a que implica unha participación obrigatoria por parte do alumnado, sendo necesaria a asistencia a un mínimo de 8 sesións para obter a calificación de 5 puntos, a partires da 8ª sesión obrigatoria sumarase a puntuación proporcional tendo en conta o total de sesións no cuadrimestre, podendo chegar á máxima cualificación asistindo a todas as sesións. 10
Traballos tutelados A54 A55 B1 B22 B25 C3 As orientacións iniciais do profesor/a guiarán ao alumnado no proceso de diferentes traballos vencellados á docencia na etapa de Educación infantil, permanecendo ao seu lado para as consultas necesarias. 30
Investigación (Proxecto de investigación) A57 C8 Posta en práctica e presentación dun traballo de investigación ou proxecto educativo sobre un tema relacionado coa materia na que se valorarán os seguintes aspectos:
1. Profundidade dos contidos.
2. Emprego da linguaxe apropiada.
3. Emprego adecuado das fontes documentais.
4. Seguridade e claridade na exposición oral.
50
Proba oral A57 B1 B25 C3 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da cal o alumnado e o profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a asignatura é necesario obter un 5  en cada un dos
apartados  anteriores. No caso contrario non se fai media.

Na parte de Obradoiro, como se trata dunha interpretación instrumental
grupal, o estudante que non poida realizar as 8 prácticas mínimas
obrigatorias (por ser alumnado con dedicación a tempo parcial ou
dispensa académica) deberá vir á proba acompañado como mínimo de catro
persoas. No caso de non ser posible isto, o discente examinaráse cun
acompañamento instrumental das pezas en formato dixital realizado por
él. En todos os epígrafes a porcentaxe da avaliación será a mesma que a
do alumnado asistente, que é a que figura en cada un dos apartados das
probas, tanto na primeira como na segunda oportunidade.

ALUMNADO CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL (DISPENSA
ACADÉMICA)

Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A
PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):

1.  
Deberá poñelo en
coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora
posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o
recoñecemento.

2.  
Terá que realizar,
individualmente, todas as actividades/traballos e presentacións orais propostos ao longo do curso e
entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non
se cumpre a entrega na data sinalada considerarase unha cualificación de non
presentado na materia.

3.  
A cualificación será a media
ponderada das notas das actividades e traballos
realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario
oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre
10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira
oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas
(actividades/traballos e/ou proba).

ALUMNADO NON ASISTENTE (non asiste como mínimo o 80% das aulas)

 Neste caso a avaliación, además de ter que entregar todas as actividades, traballos e presentacións  que o resto do alumnado, terá que facer unha proba de carácter
mixto.

Como
consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exámes
como nos
traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación,
así
como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación,
excesivo número de tachaduras, etc. Todo elo suporá redución de puntos
sobre a nota
obtida.

Para non interferir no desenvolvemento do resto das
materias, evitarase tocar instrumentos musicais nos pasillos e noutras
áreas
comúns da Facultade, polo que o alumnado deberá solicitar ao profesorado
a reserva da aula de usos múltiples (cando sexa posible e esté libre)
có fin de realizar os ensaios de frauta  e da
coreografía nese espazo.

No caso
no que o profesorado detecte realización fraudulenta (plaxio) das probas de
avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14.4. Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a
utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da
internet sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, ou permiso
do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade. Todo iso sen perxuízo das responsabilidades disciplinarias ás que
puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".
Nesta materia, se algún dos docentes detecta plaxio nalgún traballo,
suporá un 0 na cualificación. No caso de reiteración, darase traslado á
Comisión Académica para a toma de medidas oportunas.

Farase
especial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha
educación e sociedade sostible. Para elo, sempre que sexa posible na
elaboración dos traballos empregarase material de reciclaxe e evitarase o
emprego de materiais de plástico na entrega dos mesmos. Os traballos
serán enviados exclusivamente telemáticamente, e de
non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos,
elixirase a impresión a dobre cara, e papel reciclado, evitando
imprimir borradores.
Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos
negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos
principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos
comportamentos persoais e profesionais.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a
docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta
materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de
autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de
alumnos e alumnas...)
-Traballarase para
identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na
contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes