Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Infancia, TV e outras pantallas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A12 A13 A21 A41 A57 A62 A63 A64 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B11 B12 B15 B19 B22 B24 B25 C1 C3 C4 Avaliación de prácticas feitas nas clases interactivas. As prácticas terán que ver cos documentos do dossier e coa análise e investigación de distintos produtos mediáticos dirixidos á infancia asi como a aplicación da educación para os medios no campo da educación infantil. 60
Presentación oral B5 B7 B12 B16 B17 B22 B25 C1 C3 C4 Avaliación da presentación do produto mediático creado. O produto mediático terá que ver coa educación para o desenvolvemento e a cidadanía global. Entre os criterios de valiación están que o guion acade claramente o obxectivo buscado; a calidade técnica e estética; que a presentación sexa atractiva onde se conte o proceso de creación e as aprendizaxes acadadas; e a intervención de todos os membros do grupo. 40
 
Observacións avaliación

Os estudantes que asistan ao 80% das clases poden acollerse ao modelo
de avaliación descrita levando a cabo os traballos ao longo das clases,
uns en grupo e outros individuais (haberá que obter un mínimo de 5
puntos en cada un deles para aprobar). De non superar a materia na 1º
oportunidade terán que entregar os traballos suspensos de forma
individual na 2º oportunidade.

Os estudantes que non asistan de
manera  xustificada ou non xustificada ao 80% das clases terán que
realizar de forma individual todos os traballos (40%) e facer un exame
escrito (60%), tanto na 1º oportunidade como na 2º.

Os estudantes que teñan recoñecida tanto a condición de estudante a
tempo parcial como a dispensa académica especial terán as mesmas
condicións de avaliación descritas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes