Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Educación psicomotriz e habilidades motrices
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo.
Presentación oral Presentación por parte dos alumnos do proxecto ou traballo realizado e previamente aprobado polo profesor e elexido entre profesor e alumno.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Simulación Ponse ao suxeito ante unhas condicións hipotéticas nun contexto educativo, nas cales se proba ou seu comportamento #ante situacións concretas, vos seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias.
Aprendizaxe servizo Realizarase unha experiencia de Aprendizaxe Servizo ofrecendo así un ben á comunidade cubrindo unha lagoa ou necesidade existente e dando a posibilidade ao alumnado universitario de mellorar as súas fortalezas á hora de interactuar con nenos no ámbito educativo. Aplicando desta maneira todos os coñecementos vistos na materia a unha realidade concreta.
Práctica de actividade física Metodoloxía baseada na posta en práctica de sesións de actividade física para que os alumnos poidan impartilas (función docente), vivenciarlas (análise da pertinencia dos contidos) ou observalas (procesos de avaliación e control). Trátase dunha metodoloxía fundamentalmente práctica, pero cunha intención de reflexión e aplicación dos aspectos teóricos relacionados.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes