Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Matemáticas na vida
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral C1 C4 Valorarase a claridade, habilidade para presentar a información e a comunicación de resultados e conclusións. 12.5
Prácticas a través de TIC B11 C3 C5 C8 Valorarase o material empregado, as destrezas e orixinalidade na súa realización, a pertinencia e o interés dos contidos. 12.5
Aprendizaxe colaborativa A10 A19 A30 A34 A36 A39 A58 B3 B5 C6 Valorarase a sua adecuación ós obxetivos previstos para cada traballo en concreto, así como a participación, interese, esforzo, actitude... 75
 
Observacións avaliación

Segundo a participación do alumnado na materia, hai dúas opcións para facer a avaliación:

Opción A. Avaliación Continua. Para o alumnado que segue o sistema ECTS, aquel que regularmente asiste/participa nas actividades de clase. Neste caso o sistema de avaliación será o descrito anteriormente. Por tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das horas presenciais).

Opción B). O alumnado con dispensa académica de exención de asistencia ou que non asista ao 85% das horas presenciais, será avaliado a través de dous traballos individuais: un Proxecto de investigación (40%) e a súa correspondente presentación oral (5%) con axuda das tics (5%),  sobre a matemática en Educación Infantil e un exame (50%) teórico-práctico.

Nos
traballos de avaliación que se entreguen, os contidos incluidos deben
estar apropiadamente referenciados ao longo do traballo e no apartado de
referencias usando certas normas. O texto literal debe declararse usando
ditas normas. No parafraseado deben figurar as fontes orixinais
das ideas que se reelaboran. A presencia de fontes científicas no
traballo é un signo de credibilidade que é un requisito imprescindible
para demostrar a excelencia académica.

Recoméndase consultar:

http://www.udc.es/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/publicar/citar.html

Tense que evitar o plaxio.

As
citas e as referencias a calquera texto debedeclararse, o uso literal
do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sendeclarar a fonte
supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 daNORMAS DE
AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE
GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO, aprobada polo Consello de Goberno do 19
dedecembro de 2013 e modificada o 29 de xaneiro de 2015, na que se
indica que"na realización de traballos, o plaxio e a utilización de
material nonorixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen
indicación expresa dasúa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu
autor/a, poderá serconsiderada causa de cualificación de suspenso na
actividade".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes