Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Didáctica da dramatización e do teatro infantil
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Literatura infantil e a súa didáctica/652G01024

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Educación psicomotriz e habilidades motrices/652G01039

Materias que continúan o temario
Didáctica da expresión corporal/652G01020

Observacións

Como consideración xeral, teranse especialmente en conta as deficiencias ortográficas na puntuación e acentuación (se é o caso), así como a escritura inconexa ou inadecuada, unha mala presentación, etc., tanto nos exames como nos traballos. Todo isto suporá a redución de puntos na nota obtida.

No caso de detectar plaxio nas probas de avaliación, anota axustarase ao disposto no artigo 14.4. das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos universitarios de grao emáster *. Nesta materia, se os profesores detectan plaxio nalgunha das probas, significará un 0 na nota final. En caso de reiteración, trasladarase á Comisión Académica para que tome as medidas oportunas. * "Na realización de obras, o plaxio e o usode material non orixinal, incluído o obtido a través de internet sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, do permiso do seu autor, pódense considerar causa da cualificación de suspenso na actividade. Todo isto sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que podería haber lugar despois do correspondente procedemento ".

Recoméndase enviar os traballos telematicamente e, de non ser posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes