Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Teoría da educación
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Teoría da educación Código 652G02001
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Suárez Canedo, Luís Román
Correo electrónico
luis.roman.suarez@udc.es
Profesorado
Suárez Canedo, Luís Román
Correo electrónico
luis.roman.suarez@udc.es
Web
Descrición xeral Teoría da educación constitúe unha das materias de carácter básico que se sitúa no primeiro curso e no primeiro cuadrimestre do Grao en Educación Primaria; un momento particularmente sensible e decisivo no comezo da construción da traxectoria formativa do estudantado universitario, e cuxos contidos e competencias resultan un alicerce pedagóxico esencial sobre o que se irán construíndo os piares da súa cualificación e desenvolvemento profesional. Xunto a outras materias coas que atopamos frutíferas conexións conceptuais e epistemolóxicas ao longo de toda a titulación, pretendemos axudar ao alumnado a analizar e comprender criticamente o fenómeno e procesos educativos dende unha perspectiva reflexiva e teórico-práctica. Afondarase asemade nos principios, fins e valores que orientan a función educadora, así coma no estudo dalgunhas das teorías, correntes e movementos educativos máis relevantes e representativos da nosa época, sen perder de vista a imprescindible defensa permanente dos dereitos da infancia. Deste xeito, ofrecerase unha visión actual e prospectiva dos principais desafíos aos que debe facer fronte a escola do século XXI no marco social e comunitario, achegándonos a algunhas das tendencias innovadoras que se albiscan como alternativas posibles e pedagoxicamente desexables, nomeadamente no contexto do ensino primario. Procurarase, xa que logo, contribuír –dende un enfoque emancipador, ético e transformador– á construción do pensamento pedagóxico das futuras mestras e mestres, avogando pola recuperación da súa función como intelectuais e creadoras de cultura.
Plan de continxencia As modificacións realizaranse por parte do profesor/a que se contrate para impartir a materia. 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen - Docencia presencial interactiva. - Discusión dirixida. - Traballos tutelados. - Atención personalizada Metodoloxías docentes que se modifican - As sesións maxistrais (expositivas) serán dadas integramente online e dispoñibilizadas ao alumnado mediante video. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico:de uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. -Moodle: Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias.Tamén hai “foros de actividade específica”. - Teams: Sesións de pequeno grupo (para seguemento dos traballos tutelados). Previa petición por correo electrónico. En modalidade presencial, cada grupo deberá realizar como mínimo dúas titorías. 4. Modificacións na avaliación O estudo de caso pertencente ao cartafol realizarase partindo da documentación dunha experiencia educativa a través de internet, debido ás dificultades que conleva o distanciamento social e as restriccións de movilidade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: - Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes