Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Teoría da educación
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período de 6-12, no contexto familiar, social e escolar. A1
Coñecer as características destes estudantes, así como as características dos seus contextos motivacionais e sociais. A2
Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fóra de ela relativos ao período 6-12. A7
Coñecer os fundamentos da educación primaria. A8
Analizar a práctica docente e as condicións institucionais que a enmarcan. A9
Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país e os condicionantes políticos e lexislativos da actualidade educativa A10
Deseñar, planificar e avaliar a actividade docente e a aprendizaxe na aula. A16
Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en educación primaria A17
Participar na definición do proxecto educativo e na actividade xeral do centro atendendo a criterios de xestión de calidade. A18
Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade A22
Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico A34
Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro A64
Aprender a aprender B1
Resolver problemas de forma efectiva B2
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. B3
Traballar de forma autónoma con iniciativa. Traballar de forma colaborativa. B4
B5
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. B7
Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente B8
Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita. B9
Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual. B14
Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información. B15
Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente. B16
Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo B17
Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes. B18
Capacidade de adaptarse a novas situacións nunha sociedade cambiante e plural. B19
Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que inclúe algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. B21
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. B22
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. B23
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. B24
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. B25
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes