Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Teoría da educación
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Analizar e interpretar o concepto de educación e os diferentes elementos que interveñen no desenvolvemento de todo proceso educativo. A7
A8
A64
Comprender e valorar criticamente as dimensións, natureza, funcións e axentes da acción socioeducativa, reflexionando en torno ás súas posibilidades, límites, diversidade e multidimensionalidade. A8
A9
Descubrir as finalidades educativas no mundo actual e analizar a función dos axentes educativos na práctica docente, tendo en conta os procesos de interacción e comunicación na aula e as condicións institucionais e normativas que a enmarcan. A9
A68
Construír unha comprensión e unha perspectiva práctica, crítica e responsable respecto das diferentes tendencias e institucións educativas contemporáneas e dos procesos de ensino e aprendizaxe, poñendo en relación a teoría coas diferentes prácticas pedagóxicas analizadas. A22
A64
B19
B21
B22
B24
B25
Reflexionar sobre as actuais políticas educativas e marcos lexislativos vixentes dende unha perspectiva estatal e internacional, determinando o valor, implicacións e consecuencias que delas se desprenden no contexto dun mundo globalizado. A9
A10
C7
Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país e os condicionantes políticos e lexislativos da actualidade educativa A10
Fomentar o pensamento crítico e a capacidade de reflexión sobre as prácticas educativas actuais a partir do estudo de múltiples experiencias de innovación socioeducativa, discernindo as luces e sombras de diferentes teorías e ámbitos da educación na actualidade e identificando as súas orixes e fundamentos pedagóxicos. A10
A17
A64
B15
B23
Distinguir e comprender diferentes tendencias pedagóxicas baseadas na aprendizaxe dialóxica e relacional, promovendo accións de educación en valores e coñecendo as principais correntes do pensamento contemporáneo de influencia educativa, así como a súa repercusión na etapa de Educación Primaria. A1
A2
A8
A14
A17
A64
C1
C3
Entender a complexidade social dos procesos educativos como oportunidade para o desenvolvemento dunha cultura promotora de actitudes cívicas, adquirindo un compromiso na loita a prol de sociedades educativas, nas que se consolide a solidariedade interxeracional comunitaria. A14
A17
A22
A23
A34
B16
B18
Desenvolver estratexias favorables á construción dunha cidadanía comprometida e respectuosa cos dereitos humanos, traballando especialmente a prol da defensa do dereito á educación, a equidade, a xustiza social e a igualdade de oportunidades no marco da protección internacional dos dereitos da infancia. A14
A34
B6
C4
Participar no deseño, desenvolvemento e avaliación de proxectos de innovación e intervencións pedagóxicas que promovan unha cidadanía activa e democrática nas comunidades educativas e poidan contribuír á resolución de problemas socioeducativos actuais, á luz dos referentes teóricos analizados. A14
A16
A18
A22
A34
B4
B5
B7
B8
B9
C6
C7
C8
Afianzar unha actitude autocrítica, de autorregulación da propia aprendizaxe, e de participación activa, comprometida, rigorosa e responsable, aprendendo a cooperar creativamente en procesos de indagación, construción colaborativa, innovación e mellora. A34
A64
B1
B2
B3
B14
B17
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes