Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Subjects
  Theory of Education
   Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Nas primeiras sesións de clase levaranse a cabo actividades de carácter expositivo, por parte do/a profesor/a, nas que se presentará o programa da materia e a dinámica metodolóxica establecida para o mellor desenvolvemento da mesma.
Guest lecture / keynote speech Exposición oral dos contidos da materia diante do alumnado, complementada co uso dos recursos pertinentes (textuais e/ou audiovisuais) e a introdución de preguntas dirixidas ao alumnado para motivar a reflexión e o diálogo aberto. A obxectivo final pasa pola transmisión de coñecementos e ao tempo facilitar a súa aprendizaxe, potenciando a participación dos/as estudantes na construción significativa do coñecemento.
Document analysis Análise crítica e reflexiva de documentos e fontes relevantes (bibliográficos, lexislativos, audiovisuais, xornalísticos...), o que implica a identificación e comprensión dos aspectos clave en relacións cos contidos da materia, co fin de interpretar e cuestionar a realidade que se nos amosa.
Critical bibliographical Proceso de lectura crítica dun libro, artigo ou calquera outro documento escrito. Comprende ademais da lectura da obra en cuestión, a análise do seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza.
Case study Consiste na procura e/ou achegamento dunha serie de casos ou experiencias educativas para o seu estudo, análise e discusión á luz dos referentes teóricos da materia.
Oral presentation Exposicións de traballos realizados tanto de xeito individual como colectivo, diante do grupo de referencia, procurando tirar algunhas conclusións sobre o problema de investigación, documento ou experiencia abordada.
Supervised projects Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela e seguimento por parte da/o docente. Tendo como referencia os contidos e a bibliografía da materia, e coas orientacións que a profesora estime oportunas, realizarase en grupo (4-5 persoas) un traballo de ampliación sobre un dos 5 bloques temáticos, que contemplará a recensión dun libro, a busca e análise de novas de prensa, e/ou un estudo de caso sobre unha experiencia, un programa ou recurso relacionado.
Será preciso desenvolver, como mínimo, dúas sesións de titoría nas que presentar o guión do traballo e facer o seguimento do mesmo. As datas serán acordadas na aula.
Ademais de ser incluído no cartafol, cada grupo expoñerá nunha sesión interactiva, o seu traballo, co obxecto de compartilo e sometelo a debate e valoración.
A súa entrega e avaliación terá lugar ao finalizar o cuadrimestre, sendo un traballo final de curso, que require dunha abordaxe completa e holística da materia.
Student portfolio Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas e paxinadas, no que se recollen os rexistros e/ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado. Realizarase a nivel grupal (entre 4-5 integrantes) e incluiranse aquelas actividades indicadas pola/o docente, referentes tanto ás sesións expositivas como interactivas, e que poden abranguer: notas de clase, mapas conceptuais, glosarios, recensións de fontes documentais, resumo de eventos científicos e/ou divulgativos... De cada actividade recollerase ademais unha valoración sobre a práctica desenvolvida (contidos abordados, competencias adquiridas, metodoloxía aplicada...). Así mesmo, presentarase ao final unha autoavaliación individual do proceso de aprendizaxe, das competencias adquiridas, do grao de participación e implicación, do tempo dedicado...
O cartafol é froito do traballo tutelado e continuo en torno aos diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado –previo e posterior–, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada da profesora, na aula e no horario de titorías.
Ao igual que acontece cos traballos tutelados e por formar estes parte do propio cartafol, a súa entrega e avaliación terá lugar igualmente ao finalizar o cuadrimestre, sendo por tanto un traballo final de curso, que require dunha abordaxe global e integral dos contidos da materia.
Long answer / essay questions Pretende determinar os logros do alumnado en termos de obxectivos. Procura avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia.
Valorarase a rigorosidade da resposta, combinada coa capacidade de razoamento (argumentación, relación entre ideas, comparación...), creatividade e espírito crítico. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
A súa realización terá lugar na data oficial establecida para o exame da materia.
Directed discussion En base a lecturas previas de carácter obrigatorio, a través das que recoller diferentes argumentacións sobre unha temática, favorecendo o debate e contraste de opinións fundamentadas, coa finalidade de que o alumnado constrúa unha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade socioeducativa.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo.
Events academic / information Asistencia e participación en actividades de carácter científico e/ou divulgativo (congresos, xornadas, simposios, cursos, conferencias, exposicións...), que teñan relación coa materia. Deben entenderse como unha estratexia complementaria de formación e nunca como substitutiva de outras.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes