Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Teoría da educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A9 A23 A34 A64 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B14 B15 B16 B17 B18 C1 C3 C6 C8 Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas e paxinadas, no que se recollerán os rexistros e/ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado. Recolleranse, como mínimo, o rexistro dunha sesión expositiva (mapa conceptual, glosario, reflexión grupal sobre os contidos, aplicación á Educación Primaria...) e de tres prácticas de sesións interactivas (discusión dirixida, análise de fontes documentais, presentación oral, estudo de caso...), e unha autoavaliación individual en relación ás aprendizaxes e competencias desenvolvidas na materia, o grao de implicación persoal nas actividades e traballos grupais...
Na cualificación do cartafol, contémplase o traballo final (15 pto.) e a asistencia a clase (10 pto.).
Valorarase a capacidade reflexiva en relación á propia aprendizaxe; a evolución da aprendizaxe reflectida nas prácticas recollidas en relación ao grao de profundidade do contido; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; a presentación; entre outros.
Ao igual que acontece cos traballos tutelados e por formar estes parte do propio cartafol, a súa entrega e avaliación terá lugar igualmente ao finalizar o cuadrimestre, sendo por tanto un traballo final de curso, que require dunha abordaxe global e integral dos contidos da materia.
25
Traballos tutelados A1 A7 A9 A16 A17 A18 A22 A34 A64 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B14 B15 B16 B18 B19 B22 B25 C1 C4 C7 Deberá incluír unha recensión sobre un libro relacionado coa temática e un estudo de caso sobre unha experiencia, programa, recurso, etc. Poderase solicitar tamén, de ser o caso, a análise de novas de prensa.
Valorarase especialmente: a coherencia interna; a profundidade do contido; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; a presentación; entre outros.
A súa entrega e avaliación terá lugar ao finalizar o cuadrimestre, sendo un traballo final de curso, que require dunha abordaxe completa e holística da materia.
25
Presentación oral A16 B5 B7 B8 B9 B14 B24 C1 A valoración do traballo presentado terá carácter grupal. Será por elo preciso que cada grupo estableza unhas normas de autorregulamento mínimas que faciliten a dinámica de traballo en tódolos casos.
Valorarase: a orde na exposición; a claridade e corrección lingüística; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; o nivel de profundidade na abordaxe da temática que amose a súa comprensión; a linguaxe non verbal e utilización do espazo; a creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...); o uso de recursos...
10
Proba de ensaio A9 A22 A64 B1 B2 B3 B4 B8 B9 B15 B16 C1 Pretende determinar os logros do alumnado en termos de obxectivos. Procura avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia.
Valorarase a rigorosidade da resposta, combinada coa capacidade de razoamento (argumentación, relación entre ideas, comparación...), creatividade e espírito crítico. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
A súa realización terá lugar na data oficial establecida para o exame da materia.
40
 
Observacións avaliación

1.- Para superar a materia é imprescindible ter superadas todas e cada unha das actividades de avaliación. En caso contrario a cualificación será de suspenso. Gardaranse as partes aprobadas durante a convocatoria anual.

2.- A asistencia e participación activa e esixente nas dinámicas de aula será considerada de forma positiva no proceso de avaliación.

3.- Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao inicio do curso para a súa oportuna e axeitada consideración. Para o alumnado que, por razóns debidamente acreditadas, non poida ter unha asistencia sistemática e o faga a tempo parcial, establécense os seguintes criterios de avaliación:

  • Recensión e exposición oral dun dos libros da bibliografía básica, que deberá ser acordado coa profesora a principio de curso para a convocatoria de xaneiro, e no comezo do segundo cuadrimestre para a convocatoria de xullo (30%).
  • Proba de ensaio (70%).
  • As pautas e criterios de avaliación están recollidas no Documento de Actividades de Avaliación colgado no Moodle.

    4.- Para acollerse á modalidade presencial, cómpre ter unha asistencia mínima do 85%.

    Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes