Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Teoría da educación
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
  • É obrigatoria a entrega da ficha de identificación persoal para todo o alumnado antes do 1 de outubro do ano en curso.
  • Non se admitirán traballos dos que a profesora non teña constancia da súa realización.
  • Seguiranse en cada caso as indicacións dadas na aula para a realización dos traballos e actividades de avaliación, que tamén se atoparán colgadas no Moodle.
  • Os traballos presentaranse en formato dixital e sempre axeitadamente identificados (nome da alumna/o, curso, grupo, equipo, materia e nome da docente). Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Igualmente, débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
  • En consonancia coa integración dunha perspectiva feminista nesta materia, traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes