Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Subjects
  Developmental Psychology (6 to 12 year olds)
   Methodologies
Methodologies Description
Seminar A introdución dos temas, o plantexamento de propostas actuais e contemporáneas acerca do coñcemento deste intervalo de edade supón a finalidade de crear contextos de aprendizaxe e posibilitar construcción de coñecementos en cada módulo de aprendizaxe así como na tarefa de inicializar o coñecemento de contidos e estimular a súa búsqueda e indagación así como a función dos mesmos para o futuro mestre/a
Introductory activities Actividades que se levarán a cabo no inicio do proceso de ensino-aprendizaxe a fin de establecer as competencias, intereses e/ou motivacións iniciais que posúe o alumnado así como a explicación da finalidade que pretendemos coa asignatura e o seu lugar no proceso de ensinar e aprender. Así mesmo, pretenderemos estimular o coñcemento e actividade co obxeto de que participen na búsqueda e construcción de coñecemento novo.
Collaborative learning Trátase de xerar actividades de interacción entre o alumnado que supoñan por en funcionamento tanto a capacidade de aprender socialmente como o de crear novos esquemas de coñecemento social na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas relativas a cada tema asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo
Supervised projects Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela do profesor en escenarios alleos ao da aula. Trátase de identificar, analizar e estudar as características evolutivas do alumnado de primaria a través da observación, de autoinformes e de estudos co obxeto a poder comprender como actúan, como pensan e como se desenvolven do xeito mais real posible.
Objective test Proba escrita utilizada para a avaliación sumativa da aprendizaxe dos contidos teóricos e prácticos. Será realizada en función de preguntas tipo con duas respostas posible: verdadeiro-falso. Será realizada ao remate do período formal computándose os error.
Document analysis Metodoloxía na que terá que elaborar informes temáticos acerca de demandas concretas cos centros de interés na asignatura a partir da observación de alumnado de educación primaria. Todo isto farase indagando e buscando información así como realizando pequenas incursións na bibliografía e fontes documentais a través dun proceso de investigación en pequenos grupos de traballo.
Long answer / essay questions Proba escrita onde realizares unha síntese individual dos coñecementos realizados ao longo do ciclo formativo. Sobre un suposto inicial tratarase de desenvolver un traballo creativo e cognitivo que implique relacionar todo o contido ao longo desta temporalización. Para elo contarase con tódolo material compilado ao longo deste tempo para consultar, relacionar, compilar...
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes